Colisión entre coche e camión na A-52 deixa unha muller ferida de gravidade

Varios particulares alertaron ao 112 tras atopar á condutora inconsciente no interior do vehículo.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 26/04/2025 | Actualizada ás 10:29

Comparte esta noticia

Unha muller tivo que se trasladada en helicóptero tras chocar co seu vehículo contra un camión portacoches na A-52, ao seu paso polo municipio ourensán de Trasmirás. O suceso produciuse minutos antes das 20:00 horas deste venres e foron varios particulares os que alertaron ao 112 Galicia e detallaron que a condutora do vehículo estaba inconsciente e necesitaba axuda para saír do vehículo.

Ata o punto mobilizáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Xinzo, a Garda Civil e os equipos de limpeza e mantemento da vía. A ferida foi trasladada en helicóptero ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

Accidente en Trasmirás.. GARDA CIVIL DE OURENSE
Accidente en Trasmirás.. GARDA CIVIL DE OURENSE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta