Accidentes e incendios mobilizan aos bombeiros en Sada e Rianxo

Unha persoa resultou ferida nun accidente e un serradoiro sufriu un incendio sen vítimas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 26/04/2025 | Actualizada ás 13:18

Comparte esta noticia

Os bombeiros do parque provincial de Betanzos acudiron a un accidente de tráfico no que resultou ferida unha persoa. Segundo informou o Consorcio Contraincendios e de Salvamento A Coruña, o suceso produciuse na DP-5813, á altura do punto quilométrico 3.600, ao seu paso por Sada. A persoa ferida tivo que ser trasladada ao Hospital Universitario da Coruña (CHUAC).

INCENDIO SERRADOIRO

Noutra orde de asuntos, os bombeiros do parque provincial de Boiro acudiron a un incendio nun serradoiro de Rianxo. Do suceso non houbo que lamentar danos persoais e no operativo tamén participaron os voluntarios de Protección Civil de Rianxo.

Bombeiros
Bombeiros | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta