Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 26/04/2025 | Actualizada ás 22:02
Mergulladores e submarinistas da Confraría de pescadores de Santa Rosalía e de Nauta participaron este sábado na limpeza de lixo mariño organizada por Afundación e retiraron máis dunha tonelada de residuos nos fondos do porto de Sanxenxo.
Os labores de limpeza comezaron ás 10.00 horas e retiraron, sobre todo útiles e aparellos de pesca, como nasas e aboias, restos e anacos de cabos, cordas ou redes, ventosas de mergullador, dúas áncoras, algún cable eléctrico, así como algúns pneumáticos dos que son empregados como defensa das embarcacións e un bidón de gasolina.
Ademais, os voluntarios localizaron diferentes obxectos procedentes, fundamentalmente, das actividades de lecer e recreo que se desenvolven na contorna do porto como botes e botellas de bebidas, e 400 vasos de vidro. Tamén localizaron un móbil e varias pezas de mobiliario.
Despois desta limpeza xa son máis de 123 as toneladas de lixo mariño retiradas dos fondos dos mares, portos e costas de Galicia a través do proxecto Plancto, o plan de conservación territorial enmarcado na estratexia de sustentabilidade de Abanca e Afundación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.