Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 11/04/2024 | Actualizada ás 11:05
Un escape nunha queima sen medidas de seguridade foi, segundo a investigación, a orixe dun incendio forestal rexistrado o pasado mes de abril no municipio ourensán de Castrelo de Miño.
Segundo informou a Xunta, os axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Policía Autonómica en Ourense foron os encargados de esclarecer as causas deste lume, que calcinou unhas 0,33 hectáreas se superficie rasa na parroquia de Barral o día 4 de abril.
As chamas, segundo determinaron os expertos, iniciáronse polo escape dunha queima de restrollos realizada sen as necesarias medidas de seguridade. Na extinción participaron un axente forestal, dúas brigadas e unha motobomba. A Policía Autonómica remitiu as dilixencias, cunha persoa investigada, ao Xulgado de Instrución de Garda de Ribadavia. Trátase do primeiro investigado este 2024 en relación a incendios forestais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.