Un incendio queima 2,5 hectáreas do parque natural das Fragas do Eume

O lume foi xa extinguido. Hai outro incendio en Guitiriz que afecta a case 10 hectáreas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/04/2024 | Actualizada ás 17:44

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural informou de que foi extinguido o incendio forestal que permanecía activo no municipio coruñés de Cabanas e que afectou a 2,4 hectáreas de superficie dentro do Parque Natural Fragas do Eume.

Loitando contra o lume nas Fragas do Eume
Loitando contra o lume nas Fragas do Eume

O lume iniciouse pouco despois das 13.00 horas deste pasado domingo e sobre as 20.00 horas deuse por finalizado, afectando a preto de 2,4 hectáreas. En total, mobilizáronse para a súa extinción un técnico, catro axentes, 11 brigadas, cinco motobombas, dous avións e tres helicópteros. Segundo fontes da Xunta, o lume iniciouse ás 13,03 na parroquia de Soaserra. 

A Consellería lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún incendio forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delictuosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

GUTIRIZ

Por outra banda, un incendio forestal orixinado este domingo no municipio lucense de Guitiriz quedou estabilizado ás 19,22 horas, cunha afectación dun nove hectáreas calcinadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta