Por Europa Press / Redacción | MADRID | 24/11/2024 | Actualizada ás 13:40
Máis de 40 marchas convocadas por organizacións de mulleres e colectivos feministas sairán ás rúas de toda España este luns 25 de novembro, con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, algunhas delas co feminismo dividido.
En Galicia as principais mobilizacións serán as da Coruña, Vigo e Santiago. En concreto, a Marcha Mundial das Mulleres convocou concentracións na Coruña (20:00 horas en Obelisco) e Compostela (20:00 horas en Praza 8M), entre outras. En Santiago, á mesma hora e no mesmo lugar, convocou tamén a Plataforma Feminista Galega. Mentres, en Vigo haberá dúas manifestacións que sairán do mesmo lugar pero a distinta hora: a de Rede de Mulleres contra os Malos tratos (20:00 horas) e a de Plataforma Resposta Feminista (19:00 horas). Ambas as desde Vía Norte.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.