Un centro de descontaminación de buques en Marín segue adiante sen precisar avaliación de impacto ambiental

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, da vicepresidencia segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, resolve que "non son previsibles efectos adversos significativos sobre o medioambiente".

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 29/02/2024 | Actualizada ás 16:43

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia publicou o informe de impacto ambiental do proxecto dun centro de descontaminación e despezamento de buques e embarcacións ao final da súa vida útil no porto de Marín. No documento, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, da vicepresidencia segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, resolve que "non son previsibles efectos adversos significativos sobre o medioambiente", polo que non é necesario someter a iniciativa a un proxecto de avaliación de impacto ambiental ordinario.

Entre as condicións ambientais a seguir, a actividade de instalación debe asegurar os valores límite establecidos na lexislación para contaminantes en aire ambiente, ademais dos obxectivos de calidade acústica. O documento tamén recolle que a maquinaria empregada terá que cumprir coa normativa de emisións e o promotor terá que velar pola protección das augas.

"Calquera modificación realizada nas instalacións que afecte ao momento de vertedura, aos caudais máximos de vertedura, aos rendementos de depuración, etc., deberá ser comunicada por escrito a Augas de Galicia para a súa valoración para os efectos oportunos", recolle o informe.

EXTINCIÓN AUTORIZACIÓN AMBIENTAL WOFCO

Doutra banda, o DOG tamén publica a extinción da autorización ambiental integrada outorgada á pesqueira viguesa Worldwide Fishing Company (Wofco) para unha planta de elaboración de fariñas e aceites de peixe situada en Redondela. O documento explica que foi a propia empresa a que solicitou a principios do ano pasado a extinción desta autorización, sendo finalmente concedida, "sen detrimento das autorizacións, licenzas, permisos e/ou informes necesarios para o desenvolvemento da súa actividade".

Buques de mercadorías
Buques de mercadorías | Fonte: APA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta