O sumerxible 'Isaac Peral' prosegue a súa primeira navegación en augas de Galicia coa súa entrada este martes en Ferrol.
  comenta   0
Unións Agrarias insiste en esixir a Consellería do Medio Rural e Augas de Galicia unha revisión "exhaustiva" e "rigorosa" das zonas vulnerables a nitratos (ZVN) en Galicia, de forma que se controle se os niveis de contaminación detectados nas estacións de medición responden efectivamente á actividade agrícola ou a outras fonte, como a chegada do turismo masivo.
  comenta   0
A organización sindical cualifica de "desproporcionado e excesivo" o volume de explotacións agrogandeiras afectadas agora a listaxe publicado recentemente pola Xunta
  comenta   0
O deputado do BNG Luís Bará preguntou á conselleira de Medio Ambiente se ela filtrou o informe á prensa e se é así, pediu unha investigación para "depurar" responsabilidades
  comenta   0
Xestionar ou pagar noticias, mercar espazos, facer informacións ao 'ditado' ou propaganda negra. Todo vale para crea falsos dilemas, desmoralizar a grupos contrarios, tratar á xente como parva e chamar máis ás emocións que a reflexións. Así é a estratexia de Greenfiber para instalar a súa megacelulosa Altri en Palas de Rei.
  comenta   2
Di que o informe de Augas de Galicia é "importante, pero quedan outros" e destaca o bo facer de La Voz de Galicia por publicar estes informes. "É un xornal que fai o seu traballo", afirma.
  comenta   1
Galicia Confidencial fala con María Porto, presidenta da agrupación de Mariscadoras de Carril, que conta como está a situación na actualidade, nun 2025 no que de 11 días que tiñan fixados no almanaque para saír mariscar, só puideron facelo cinco polo de agora, debido á baixa salinidade da auga.
  comenta   0
"Seguramente Augas de Galicia pódeo facer mellor, pero seguramente os concellos tamén o poden facer mellor", di a conselleira Ángeles Vázquez sobre as queixas de veciños en Santiago.
  comenta   0
Goretti Sanmartín e Jesús Vázquez Almuiña valoran os avances logrados en obras hidráulicas, pero piden continuar coas melloras.
  comenta   0
As novas áreas en sete cidades galegas actuarán como depósitos temporais, inspiradas no modelo de éxito de Vitoria.
  comenta   0
Este encargo, que coincide no tempo coa xestión da catástrofe natural de Valencia pola 'DANA', enmárcase na actualización do plan de xestión de risco de inundacións, posto en marcha hai meses pola Xunta.
  comenta   0
A Asociación Agraria de Galicia (Asaga) reclamou axudas para paliar as perdas derivadas no millo. A titular de Medio Rural lembrou que a súa Consellería destina este ano 8,5 millóns de euros para fomentar a contratación de seguros agrarios mediante unha liña de axudas que este ano, como novidade, pode chegar a cubrir ata un máximo do 75% do custo da póliza.
  comenta   0
Sitúa en Augas de Galicia a Agustín Hernández e ao exdirector de Mobilidade, Ignacio Maestre, investigado tras a adxudicación das liñas de Alsa e Mombús.
  comenta   0
Esta estratexia, denuncia Arco Iris, "agravará de forma severa os problemas de abastecemento e caudais mínimos en épocas de verán, ademais de aniquilar sen remedio hábitats que persisten grazas ao encoro durante o verán"
  comenta   0
Tras as denuncias de Ecoloxistas en Acción, a Fiscalía investiga se houbo delito penal na actuación de Minas ou Augas de Galicia na súa competencia de vixiancia e control dos vertidos procedentes da mina.
  comenta   0
A Asociación Mineiros Touro-O Pino defende o proxecto polo "desenvolvemento" da comarca fronte a estes "colectivos anti todo"
  comenta   0
Agarda que Augas de Galicia denegue a captación a Altri en Portodemouros polo incumprimento da Directiva Marco da Auga. Palas de Rei, 2 de xullo 2024.-
  comenta   2
En concreto, a iniciativa pon de exemplo a inclusión da tintoreira e do marraxo no anexo II do Convenio sobre o Comercio Internacional de Especies de Fauna e Flora Silvestres (CITES).
  comenta   0
É a crítica que fai Ecoloxistas en Acción que denuncia que Augas de Galicia ven de sancionar a EXPLOTACIONES GALLEGAS, S.L. por esta situación.
  comenta   0
"A falta de saneamento das augas fecais pola inexistencia dunha estación depuradora adecuada é a causa de repetidas mortaldades de peixes que aparecen mortos, de cando en vez, na praia de Sabón, onde desemboca a cloaca", denunciou a organización ecoloxista Arco Iris ante Augas de Galicia.
Detecta niveis de metais superiores ao límite permitido na auga. Ecoloxistas en Acción alertan do risco de abandono e fuga da empresa, "en mans de homes de palla peruanos", e esixen unha caución de 10 millóns de euros
  comenta   0
Os ecoloxistas denuncian problemas de auga en toda a comarca se se instala a papeleira. Ángeles Vázquez pide "tranquilidade" coa instalación de Altri: "Os requirimentos son máximos" e Rueda pide rigor.
Usará como materia prima máis dun millón de metros cúbicos anuais de madeira de eucalipto. Ecoloxistas en Acción pedía denegar esta iniciativa que "ocupará tanto terreo como a extensión de Santiago de Compostela" e "precisará dun consumo diario de auga superior" á que emprega "toda a poboación de toda a provincia de Lugo no mesmo día".
  comenta   0
A Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, da vicepresidencia segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, resolve que "non son previsibles efectos adversos significativos sobre o medioambiente".
  comenta   0