A Xunta pedirá ao Goberno central contacto co sector pesqueiro para coñecer a afección de medidas ambientais

En concreto, a iniciativa pon de exemplo a inclusión da tintoreira e do marraxo no anexo II do Convenio sobre o Comercio Internacional de Especies de Fauna e Flora Silvestres (CITES).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2024 | Actualizada ás 15:54

Comparte esta noticia

A comisión 8ª de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia aprobou este martes por unanimidade unha proposición non de lei na que se insta á Xunta a dirixirse ao Goberno central para que desenvolva un contacto "efectivo e permanente" co sector pesqueiro e coas comunidades autónomas marítimas con intereses neste ámbito, co obxectivo de definir unha coordinación plena que permita completar a afectación social e económica daquelas medidas ambientais que, procedentes do marco europeo e internacional, incidan na pesca.

En concreto, a iniciativa pon de exemplo a inclusión da tintoreira e do marraxo no anexo II do Convenio sobre o Comercio Internacional de Especies de Fauna e Flora Silvestres (CITES). Foi o deputado 'popular' Miguel Hidalgo o encargado de presentar a proposición non de lei, criticando a "descoordinación absoluta" do Ministerio de Transición Ecolóxica co Ministerio de Pesca en certas medidas.

Xullo Ernesto Abalde, do PSOE, mostrou o seu apoio á iniciativa, indicando que os socialistas apoiarán aquelas propostas que pretendan defender o sector e sacar adiante temas burocráticos. Por parte do BNG, Rosana Pérez lembrou que nos últimos anos trouxéronse ao Parlamento propostas moi similares, pero os nacionalistas volveron a apoiar esta iniciativa.

RÍA DE CEDEIRA

Tamén na comisión 8ª do Parlamento de Galicia aprobouse unha proposición non de lei na que se insta á Xunta a que Augas de Galicia, en colaboración cos concellos ribeiregos, identifiquen e eliminen as verteduras que provocan os elevados niveis bactereolóxicos na ría de Cedeira. Tamén piden restaurar os bancos marisqueiros da praia da Madalena, da de Vilarrube e da enseada de Pantín. A iniciativa foi proposta polo BNG e, tras ser modificada, foi aprobada por unanimidade.

Capturas dun barco pesqueiro en alta mar
Capturas dun barco pesqueiro en alta mar | Fonte: Pesca - OPAGAC - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta