Ulloa Viva pídelle a Rueda que os reciba e que "non politice" a loita contra Altri

Agarda que Augas de Galicia denegue a captación a Altri en Portodemouros polo incumprimento da Directiva Marco da Auga. Palas de Rei, 2 de xullo 2024.-

Por Galicia Confidencial | Palas de Rei | 02/07/2024 | Actualizada ás 11:17

Comparte esta noticia

A Plataforma Ulloa Viva considera “a enésima falta de respecto de Rueda” as declaracións do presidente da Xunta “tentando voltar a politizar unha protesta que é dos veciños e das veciñas” contra a instalación dunha macrocelulosa de Altri no corazón de Galicia. Ulloa Viva emitiu un comunicado na que critica as declaracións feitas polo máximo mandatario galego este luns, nas que acusa ao BNG de estar detrás de todos os movementos de protesta contra Altri.

Integrantes da plataforma Ulloa Viva nunha protesta contra Altri
Integrantes da plataforma Ulloa Viva nunha protesta contra Altri | Fonte: remitida

"Os que estamos enfronte do seu proxecto estratéxico e nos negamos a que o instalen no noso territorio somos veciños e veciñas, pedimoslle ao presidente de todos os galegos e galegas que exerza como tal, que abandone as dinámicas electorais permanentes facendo esforzos inútiles por  encaixar   un movemento cidadán cun obxectivo claro cristalino debaixo das siglas que a él lle ven en gana para poder así, excusarse e eludir as súas responsabilidades”, denuncia esta entidade.

Así, considera que “xa abonda por parte do presidente da Xunta tentar politizar un problema que xenerou él mesmo e o seu goberno, e lémbralle que nos últimos meses os veciños e veciñas xa lle dixeron "con 23.000 alegacións, máis de 20.000 persoas nas rúas de Palas de Rei o pasado 26 de maio e 30.000 este pasado domingo en San Caetano" que "non queren" unha industria contaminante. 

Por iso, a Plataforma Ulloa Viva insiste na súa petición de manter un encontro no que "estaremos encantados de explicarlle e darlle toda a información e documentación asinada por técnicos, expertos e científicos que acredita todos os riscos que o proxecto de Altri vai traer ao noso territorio”. “Cando o señor Rueda entenda que nós somos galegos e galegas que piden que o seu goberno os escoite, ao mellor deixa de atacarnos e de defender a unha multinacional estranxeira no canto de falar con nós, ten que entender que non somos o inimigo polo simple feito de non estar dacordo con él nunha decisión a todas luces errada”, engade.

AUGAS DE GALICIA

Por outra banda, a Plataforma Ulloa Viva advirte que Augas de Galicia está a piques de resolver a captación de 46 millóns de litros de auga diarios do encoro de Portodemouros. Esto significaría, di, unha nova modificación física sobre a masa de auga o que, xunto co verquido de até 30 millóns de litros de auga a 27 graos e cargado de contaminantes orgánicos, crearía un deterioro maior e irreversible do encoro. Segundo os propios obxectivos medioambientais de Augas de Galicia,  Portodemouros debería estar en potencial bó estado no ano 2027, logo de concedérselle xa dúas prórrogas polos seus incumprimentos segundo as obrigas da Directiva Marco de Augas da Unión Europea (DMA),

O periodo de alegacións desta tramitación rematou o pasado mes de febreiro e a Plataforma Ulloa Viva. Por iso, esta plataforma agarda que os técnicos de Augas de Galicia que avaliaron esta petición se neguen á mesma posto que incumpriría determinadas obrigas que impón a DMA, entre elas, a obriga da avaliación dun xeito pormenorizado no Plan Hidrolóxico da Bacía de Augas de Galiza, segundo recoñeceu o mes pasado o comisario de Medio Ambiente, Virginijus Sinkevičius.

"Con estes precedentes legais, a Plataforma Ulloa Viva agarda que os informes técnicos e as sinaturas dos funcionarios e altos cargos de Augas de Galicia teñan en conta a ilegalidade que suporía a concesión de auga que Altri demanda no seu proxecto para a macrocelulosa de Palas de Rei", conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Sentidiño

Así razoa a dereita: o Prestige foi un desastre narural e económico, pero se o Bng o denuncia, o problema é o Bng, non o desastre ecolóxico. Prefiren disimular a miseria que recoñecer un desastre colectivo, non vaia ser que a oposición política se beneficie. Antes a desgraza para todos que a perda do poder para eles. Son mala xente.

1 José

A próxima, unha marcha entre Carril e Catoira. A ver que din cando saian pescos e mariscadoras a berrar Altri Non. Algo terá que dicir o parlamentario televisivo do PP da Arousa...