Autorizada a repotenciación parcial do parque eólico de Sotavento, nos municipios de Monfero e Xermade

Pasará dun total de 25 aeroxeradores a 21.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 31/03/2025 | Actualizada ás 18:09

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia autorizou a repotenciación parcial dun parque eólico de preto de 18 megawatts nos concellos de Monfero e Xermade. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático pola que se autoriza tanto o desmantelamento de parte das instalacións actuais do parque eólico Sotavento como a construción doutros na contorna pasando dun total de 25 aeroxeradores a 21.

Deste xeito, a empresa promotora desmantelará seis aeroxeradores instalados neste parque --mantéñense 19 --, así como as demais instalacións e infraestruturas correspondentes. En paralelo, restauraranse tanto as canalizacións como os camiños que queden sen uso. A autorización administrativa para proceder á repotenciación do proxecto Sotavento suporá a instalación de dous novos aeroxeradores e dunha liña eléctrica soterrada. Tamén se acometerá un novo camiño de acceso.

PARQUE EÓLICO DE BATIFOL

Por outra banda, o Diario Oficial de Galicia recolle unha correción de erros en relación ás coordenadas de localización de aeroxeradores no relativo ao proxecto do parque eólico de Batifol, nos termos municipais de Castro de Rei, Castroverde e Pol. É en relación ao acordo polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación urxente que supón a autorización administrativa para a construción e o estudo de impacto ambiental do proxecto.

Parque eólico
Parque eólico | Fonte: Carlos Castro - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta