"A mobilización contra Altri deu un inesperado golpe de efecto chegando até a Santa Sé, onde os representantes da plataforma de oposición á macropasteira, convenceron o sumo pontífice da gravidade da situación."
  comenta   0
Multitude de persoas concentrouse en Melide, Arzúa ou Palas de Rei, pero tamén noutras vilas e cidades galegas. Xunta e PPdeG defenden a megacelulosa e piden ao Goberno central que a financie.
  comenta   0
"Desde o Goberno de España xa se trasladou que non terán problema para acceder a estes fondos europeos aqueles proxectos que cumpran rigorosamente cos requisitos en materia ambiental. Nese sentido nós estamos tranquilos" di o CEO da empresa, José Pina
  comenta   0
Avanza medidas administrativas e xudiciais contra unha decisión que, di, a Xunta xa tomara de antemán sen ter en conta criterios científicos e ambientais. Defensa da Ría acusa á Consellería do Mar de abandonar "a súa obrigación legal de defender ao sector do mar".
  comenta   0
A Plataforma Ulloa Viva mantivo este mércores diversos encontros a nivel político e institucional para "seguir solicitando apoios" na loita contra o proxecto da macrocelulosa de Altri-Greenalia en Palas de Rei.
  comenta   0
A Plataforma Ulloa Viva lembra que o líder da patronal téxtil, Alberto Rocha, e o exconselleiro do PP Javier Guerra “demostraron tanto a súa empatía como respecto" polos afectados nunha xuntanza.
  comenta   0
Concéntranse máis de 300 persoas en Barcelona contra a instalación da macrocelulosa Altri
  comenta   0
A Policía fala de 40.000 persoas, os organizadores de 100.000. "Unha "mobilización histórica" coa que reivindican que a Xunta "non ten o consenso social" para instalar a factoría.
  comenta   0
Dirixentes das principais formacións políticas galegas, agás do PPdeG, participan na marcha. "A Xunta non pode calar todo un país. Altri Non", foi o lema da protesta.
  comenta   0
Activistas de Greenpeace presentan 550.000 firmas en contra de Altri. "Quen decidirá se Altri ou calquera outra empresa pon en marcha un proxecto non somos os políticos nin tampouco os activistas como os que esta mañá organizaron un show na entrada de San Caetano", afirmou Ángeles Vázquez.
  comenta   0
A Asemblea Cultural Galega de Barcelona (ACGB) convoca unha concentración o domingo 15 de decembro de 2024, ás 12:00 h. na Plaça da Vila de Gràcia, para protestar contra a implantación da macrocelulosa na comarca da Ulloa.
  comenta   0
Os colectivos contra Altri lembraron no encontro convocado este martes que o conselleiro delegado da multinacional, José Soares de Pina, afirmara en rolda de prensa que "eles non fan investimentos en terras onde non os queren"
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegurou que esta "actuación orquestrada", ao seu xuízo, está "en moitos casos movida por unha serie de intereses, algúns lexítimos e outros claramente con intencionalidade política".
  comenta   2
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, informou de que a Comisión de Peticións da Eurocámara debaterá en novembro sobre o proxecto de Altri en Palas de Rei, á vez que recrimina que "é lamentable a actitude do PP na cancelación" da comparecencia prevista para este xoves dos colectivos contrarios á fábrica.
  comenta   0
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, denunciou no pleno da Eurocámara que o PP "manobra" na Comisión de Peticións para que as denuncias de Ulloa Viva presentadas contra este proxecto industrial non sexan debatidas no órgano o 3 de outubro pola vía de urxencia
O colectivo critica a proposta de fibras téxtiles en Palas de Rei por "alterar radicalmente" a comarca e exacerbar a crise dos recursos hídricos.
"O negacionismo da Xunta respecto da comunidade científica e en favor sempre de Altri-Greenalia é unha actitude indigna nun goberno que ten que velar polo seu territorio e polos cidadáns", apuntan desde a Plataforma
A Plataforma Ulloa Viva reuniuse este luns co secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, para alertalo de supostos "informes incorrectos e estudos erróneos" e pedir á Xunta que paralice o proxecto.
  comenta   2
Agarda que Augas de Galicia denegue a captación a Altri en Portodemouros polo incumprimento da Directiva Marco da Auga. Palas de Rei, 2 de xullo 2024.-
  comenta   2
Segundo explica Ulloa Viva nun comunicado, informaron a Narbona dos "graves impactos ambientais que causaría a instalación dunha macrofábrica de celulosa na comarca da Ulloa".
  comenta   0
A protesta, convocada pola Plataforma en Defensa da Ría e Arousa (PDRA) e A Ulloa Viva, comezou ás 17.30 horas cando as embarcacións acudiron a recibir ao buque de Greenpeace.
  comenta   0
Así mesmo, a portavoz de Ulloa Viva, Marta Gontá, critica que o presidente se refira de forma "despectiva" a unha plataforma veciñal que "é apartidista"