Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/11/2024 | Actualizada ás 21:03
O colectivo Santiso Vivo, da Plataforma Ulloa Viva, celebrou este sábado en Visantoña unha romaría na que a presidenta da Plataforma, Marta Gontá, fixo un chamamento a participar na manifestación "histórica" prevista para o próximo 15 de decembro para defenderse "como pobo da imposición de Altri".
Segundo trasladou a Plataforma nunha nota de prensa, Gontá explicou que "unidos como pobo" lograrán parar "a macrocelulosa coa que Altri-Greenalia e a Xunta queren forzarnos a cambiar o modo de vida".
Así mesmo, animou a alegar contra os requirimentos que a Xunta manda aos veciños "negándolles a condición de persoas interesadas na tramitación". "Non nos van a calar, non poden calar a todo un pobo", reivindicou antes de destacar o traballo que dentro da Plataforma realizaron os concellos directamente afectados na Ulloa, O Deza, Terra de Melide e Arzúa.
Ademais, nunha das charlas deste sábado en Visantoña participou o geógrafo da Universidade de Santiago e experto en hidrología, Horacio García, que alertou de que o proxecto presentado por Altri "non alcanza o rigor suficiente e está orientado a esquivar o trámite ambiental".
Nesta liña, analizou o Estudo de Impacto Ambiental presentado no Proxecto Gama, facendo fincapé na "parcialidad dos datos empregados para a súa elaboración", ademais de ignorar "toda a integridade ecolóxica, ambiental e social do territorio".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.