Ulloa Viva critica a "enésima falta de respecto" de Rueda por ver un movemento "político" contra Altri: "Somos veciños"

Despois de que o mandatario autonómico expresase que ve as entidades relacionadas co BNG.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/07/2024 | Actualizada ás 18:47

Comparte esta noticia

A Plataforma Ulloa Viva censurou a "enésima falta de respecto" do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, cara aos colectivos que se opoñen ao proxecto de Altri en Palas de Rei, despois de que o mandatario autonómico volvese atribuír motivos "políticos" ás entidades que convocan as protestas e que ve relacionadas co BNG.

"Somos veciños e veciñas", rebateu este martes a plataforma as palabras de Rueda do pasado luns, cando foi cuestionado pola protesta que reuniu a miles de persoas para rodear o edificio administrativo da Xunta en San Caetano en demanda de que o proxecto da compañía portuguesa na Ulloa non sexa autorizado e, tamén, para criticar a declaración como proxecto prioritario polo Goberno galego da mina de Touro.

O colectivo cargou contra o mandatario autonómico por "tentar volver politizar unha protesta" que parte, segundo remarcan nun comunicado, do movemento veciñal, polo que instan a Rueda a "abandonar" as "dinámicas electorais permanentes" nas que o ven instalado cos seus "permanentes esforzos inútiles por encaixar un movemento cidadán debaixo das siglas que a el lle vén en gana".

Para a plataforma, con estas declaracións, Rueda trata de "escusarse e eludir as súas responsabilidades" pois "nunca" se dirixiu a Ulloa Viva "nin respondeu a ningunha das peticións" de reunión, que o propio presidente rexeitou o propio luns apelando ás canles de información pública cos que conta a Administración autonómica.

"Xa abonda por parte do presidente da Xunta de tentar politizar un problema que xerou el mesmo e o seu goberno", engadiu o colectivo, que lembrou as manifestacións con milleiros de asistentes celebradas nos últimos meses en contra dun proxecto que, como recalcan, "pon en perigo" o modo de vida, benestar e saúde da poboación galega.

Centos de persoas durante unha nova protesta contra a empresa de celulosa Altri, na porta principal da Xunta de Galicia. César Arxina - Europa Press
Centos de persoas durante unha nova protesta contra a empresa de celulosa Altri, na porta principal da Xunta de Galicia. César Arxina - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta