A lista de Pontón recibe o 84 % do apoio; e, a de Noa Presas, un 12 %, co que terá 2 postos na Executiva

Ademais, cun 3,5 % dos votos, terá un posto na Executiva a cabeza de lista da candidatura presentada polo colectivo 'Alicerce', o portavoz do Bloque no Concello de Mos, Gustasvo Barcia. Aínda que nun primeiro momento transcendeu que a lista de Noa Presas tería tres integrantes na Executiva, finalmente serán dous.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/12/2024 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

A candidatura encabezada pola portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, recibiu este domingo un 84 % dos votos das algo máis de 2.500 persoas que se congregaron na XVIII Asemblea Nacional do BNG, o que implica que terá 16 dos 19 postos que se votaban na Executiva.

Pola súa banda, a lista encabezada pola deputada autonómica, Noa Presas (corrente 'Arredista') recibiu un 12 % dos apoios, o que implica que contará con dous postos na Executiva. En concreto, formará parte deste órgano a propia Noa Presas, o edil da Coruña David Soto. Cun 3,5 % dos votos, terá un posto na Executiva a cabeza de lista da candidatura presentada polo colectivo 'Alicerce', o portavoz do Bloque no Concello de Mos, Gustasvo Barcia.

A líder do BNG, Ana Pontón, na XVIII Asemblea Nacional do BNG. BNG
A líder do BNG, Ana Pontón, na XVIII Asemblea Nacional do BNG. BNG | Fonte: Europa Press

Deste xeito, conformarán a Executiva do BNG, ademais da propia Ana Pontón que figura no primeiro posto, os primeiros 15 integrantes da súa lista: (2) Goretti Sanmartín, (3) Lucía López Sobrado, (4) Olalla Rodil, (5) Néstor Rego, (6) Luís Bará, (7) Carme da Silva, (8) Lois Pérez Castrillo, (9) Xavier Campos, (10) Ana Miranda, (11) Xosé Manuel Puga, (12) Bieito Lobeira, (13) Montse Prado, (14) Eva Vilaverde, (15) Xabier Pérez Igrexas, e (16) Olalla Ledo.

Aínda que nun primeiro momento transcendeu que a lista de Noa Presas tería tres integrantes na Executiva, finalmente serán dous. En concreto, trátase da propia Noa Presas e o edil coruñés David Soto. Ademais, estará no órgano o número un da candidatura presentada polo colectivo 'Alicerce', Gustavo Barcia. O número 20 da Executiva estará ocupado pola secretaria xeral de Galiza Nova, Marta Gómez, quen ocupa un posto como membro nato como líder da organización xuvenil.

DOCUMENTOS

Na cita, na que se debateron unhas 225 emendas aos textos, o informe de xestión do Consello Nacional contou cun 92,37 % de votos a favor; 0,4 en contra e 7,2 abstencións. Pola súa banda, o relatorio (a tese política e a tese de organización) contou cun 96,7 % do apoio. En contra recibiu un 0,13 % de votos e un 3,1 % optaron pola abstención. Ambos os documentos chegaran ao máximo órgano de decisión entre asembleas tras ser aprobados por unanimidade no Consello Nacional.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario (1 pend. aprobación)