Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 02/12/2024 | Actualizada ás 13:46
Un home de 65 anos morreu este luns no municipio ourensán de Coles tras sufrir un accidente contra outro turismo no que viaxaban outras dúas persoas que resultaron feridas leves. Segundo informou a Garda Civil, o sinistro produciuse na estrada nacional N-525 ás 12.00 horas á altura do quilómetro 245, que transcorre pola parroquia de Gustei, onde o vehículo que manexaba o falecido invandiu o carril contrario e acabou impactando contra outro coche.
O condutor morto, de 65 anos e veciño do propio Concello de Coles, levaba posto o cinto de seguridade, como especifica o Instituto Armado nunha nota enviada aos medios. Pola súa banda, os ocupantes do outro vehículo implicado no accidente resultaron feridos de carácter leve e tiveron que ser atendidos polos profesionais de Urxencias Sanitarias antes de ser evacuados ao hospital Cosaga de Ourense. O operativo coordinado desde a central do 112 Galicia tamén contou coa participación dos bombeiros do Carballiño e o GES de Pereiro de Aguiar, que tiveron que actuar para liberar ao condutor falecido ao atoparse atrapado no interior do seu coche, no que viaxaba só.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.