Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 03/12/2024 | Actualizada ás 14:53
Un incendio rexistrado este martes no estaleiro Nodosa de Marín mobilizou aos servizos de extinción de varios puntos da provincia, aínda que non se rexistraron feridos, segundo informou do CIAE 112 Galicia. Así, o 112 recibiu un aviso sobre as 11.00 horas por un incendio na adega dun barco que está neste estaleiro, na Avenida de Ourense. As testemuñas alertaban da presenza de fume, aínda que non se puido concretar, polo momento, a orixe do lume.
Os xestores do CIAE activaron os protocolos para a atención a este tipo de incendios, e deron aviso ao Consorcio Provincial de Bombeiros de Pontevedra e, desde aí, mobilizáronse os equipos de extinción do Morrazo e Ribadumia (parque de Vilagarcía). Os bombeiros seguen traballando no lugar aínda que, debido á intensa fumareda, non se puido localizar aínda o foco do incendio. Así mesmo, tamén se deu aviso á Policía Nacional, Policía Local e Protección Civil de Marín. Polo momento, non hai constancia de persoas feridas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.