Queixa da comunidade musulmana por non ter espazos propios nos cemiterios de Galicia

Comisión Islámica de España reclama a Xunta e concellos que habiliten espazos nos campo santos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/12/2024 | Actualizada ás 21:29

Comparte esta noticia

Comisión Islámica de España reclamou á Xunta e os concellos galegos que avancen na habilitación de espazos nos cemiterios para enterrar á comunidade musulmá.

Nun comunicado emitido este martes, lembra que existe un acordo parlamentario aprobado en abril de 2023 polo que os grupos reclamaron á Xunta que proceda xunto á Fegamp para "atender a demanda de enterramentos conforme aos criterios das confesións relixiosas minoritarias con maior arraigamento en Galicia".

Tamén sinala que este mesmo ano entrou en vigor a finais de agosto o decreto de sanidade mortuoria de Galicia, que facilitou os enterramentos para as confesións musulmá ou xudía, que se realizan directamente na terra, sen féretro.

Así, lamentan que as cidades da Coruña, Santiago ou Vigo carezan de espazos nos seus camposantos para o enterramento de persoas de confesión musulmá, polo que apelan ás administracións a atender esta demanda.

Reunión anual da Unión de Comunidades Islámicas de Galicia en 2016 en Vigo
Reunión anual da Unión de Comunidades Islámicas de Galicia en 2016 en Vigo | Fonte: islamhispania.blogspot.com.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta