Aprobado o trámite ambiental do plan de xestión de residuos industriais ata 2030: pretende reducir os envases de plástico nun 55 %

Este plan márcase os seguintes obxectivos antes de que termine 2025 no peso de reciclaxe de residuos industriais: do 50 % en envases de plástico, do 25 % en envases de madeira, do 70 % en envases de metais ferrosos, do 50 % en envases de aluminio, do 70 % en envases de vidro e do 75 % en envases de papel e cartón.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/03/2024 | Actualizada ás 13:51

Comparte esta noticia

O Goberno galego considera "ambientalmente viable" o seu plan de xestión de residuos industriais 2023-2030, que mobilizará un total de 115 millóns de euros. O Diario de Galicia (DOG) publica este mércores o anuncio da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da declaración ambiental estratéxica deste plan.

O novo plan, articulado ao redor de 17 programas, un para cada tipo de residuo, enmárcase tamén na loita contra o cambio climático, xa que contribuirá a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) a través da diminución da produción de lixo de orixe industrial nun 15 % ata o ano 2025 (respecto da xerada en 2010) e do fomento do uso de materias primas recicladas. O obxectivo principal do plan é alcanzar a implementación nos fluxos industriais dun modelo sustentable e que reduza as repercusións ambientais dos residuos asociados a este tipo de actividades.

Así, este plan márcase os seguintes obxectivos antes de que termine 2025 no peso de reciclaxe de residuos industriais: do 50 % en envases de plástico, do 25 % en envases de madeira, do 70 % en envases de metais ferrosos, do 50 % en envases de aluminio, do 70 % en envases de vidro e do 75 % en envases de papel e cartón. E antes de acabar 2030 as metas de reciclaxe son as seguintes: do 55 % en envases de plástico, do 30 % en envases de madeira, do 80 % en matais ferrosos, do 60 % en envases de aluminio, do 75 % en envases de vidro e do 85 % en envases de papel e cartón.

Os universitarios da USC poderán obter recompensas por reciclar latas e botellas de plástico
Os universitarios da USC poderán obter recompensas por reciclar latas e botellas de plástico | Fonte: SANTI ALVITE - USC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta