Rexeitado outro parque eólico entre Frades e Mesía por non obter a declaración de impacto ambiental

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2024 | Actualizada ás 13:33

Comparte esta noticia

A Xunta arquivou de forma definitiva o parque eólico Gasalla, que se proxectaba entre os municipios coruñeses de Frades e Mesía, despois de non obter unha declaración de impacto ambiental favorable.

Parque eólico de EDP Renovaveis
Parque eólico de EDP Renovaveis | Fonte: EDPR - Arquivo

Así figura no Diario Oficial de Galicia (DOG) deste luns na que se arquiva o expediente e cancélase a garantía económica de 242.550 euros depositada polo impulsor do proxecto, Green Capital Power. En xaneiro de 2023, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático formulou a declaración de impacto ambiental desfavorable.

Agora, esta resolución asinada polo director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, pon fin a este proxecto de parque eólico.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta