Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/12/2024 | Actualizada ás 17:43
A Deputación da Coruña fixo entrega este martes dos galardóns ao oito gañadores do V Premio 'Luisa Villalta' a proxectos pola igualdade.
As propostas seleccionadas, de múltiples disciplinas artísticas que van desde as artes escénicas ao cinema, a historiografía, a promoción da lectura ou a fotografía, recibiron un importe de 12.500 euros para o seu desenvolvemento.
A deputada de Igualdade, Soledad Agra, expuxo que o obxectivo da iniciativa é avanzar cara a unha sociedade "máis xusta, libre, igualitaria e democrática". "Por iso, apoiamos proxectos de sensiblización, transformación e divulgación que pon en valor o papel histórico, económico, social e cultural das mulleres".
AXUDAS A AUTÓNOMOS
Noutra orde de cousas, a Deputación da Coruña pechou 2024 con case cinco millóns de euros en axudas concedidas para autónomos, das que se beneficiaron un total de 2.198 profesionais con domicilio fiscal nos pequenos concellos da provincia.
O organismo provincial publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a resolución definitiva do Plan de Emprego Local (PEL) que destina un total de 2,5 millóns de euros en 1.092 axudas a outros tantos profesionais autonómos con máis de cinco anos de exercicio empresarial e domicilio fiscal nun concello de menos de 10.000 habitantes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.