A CIG acusa a CC.OO. e á dirección de Navantia de "populismo centralista" por rexeitar o convenio de centro

"Non nos traten como ignorantes", quéixase.

Por Europa Press / Redacción | FERROL | 04/04/2025 | Actualizada ás 18:46

Comparte esta noticia

A sección sindical de CIG en Navantia Ferrol acusou a CC.OO. e á dirección da empresa naval pública de "populismo centralista" por rexeitar o convenio para este estaleiro. A través dun comunicado publicado este venres, o sindicato nacionalista acusa a CC.OO., e por extensión esta organización en Ferrol, de contar "medias verdades".

Así, acusa o sindicato de ámbito nacional de alegar unha suposta "inviabilidade económica", cando a CIG ve "intereses políticos". Desta maneira, con respecto á viabilidade económica, "o único condicionante legal é non superar o límite salarial global da empresa, algo que os servizos xurídicos saben perfectamente", e que a dirección "coñece o custo de cada centro". "Non nos traten como ignorantes", quéixase.

Ademais, tamén denuncian "populismo", xa que "populismo é axustar discursos segundo a audiencia, non manter principios". "A CIG sempre defendeu convenios en Galicia", agrega. Por último, acusa a CC.OO. de "busca contentar a todos os centros, diluíndo dereitos". Sobre a dirección, afea que "impoñen un centralismo que ignora as realidades locais" e desmente que o convenio proposto partise "de cero": "O preacordo incluía melloras reivindicadas por Ferrol e que os traballadores decidisen".

Máis de 300 persoas do persoal de Navantia Ferrol e Fene cortan o tráfico ante a Delegación do Goberno, na Coruña
Máis de 300 persoas do persoal de Navantia Ferrol e Fene cortan o tráfico ante a Delegación do Goberno, na Coruña | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta