Por Amanda Fernández | Lugo | 07/05/2024 | Actualizada ás 12:04
Galicia é un auténtico paraíso con maiúsculas no que a praias se refire tendo moito onde escoller na costa de A Coruña, Pontedra e Lugo. Porén, son 115 as praias galegas que contan co distintivo Bandeira Azul, un dos máis significativos en termos de turismo. Implica que estas praias cómpren con criterios como a seguridade, servizos, limpeza, sostibilidade, entre outros indicadores. A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac) recolle mediante unha listaxe as praias de España recoñecidas, país que se sitúa, segundo o Xurado Internacional Bandeira Azul 2024 para o hemisferio norte, como líder neste distintivo para praias, seguido de Grecia e Turquía. Xa que este galardón ambiental, que teñen 115 praias galegas, é internacional e aporta confianza para os turistas e bañistas. España obtivo un total de 638 praias 'Bandeiras Azuis' que ondearán a partir de xuño. Galicia consolídase como terceira comunidade coa maior cifra ao contar con 115, mesma cifra co ano pasado, con variacións.
Ademais, como distintivo este concello galego está entre os sete que seguen con Bandeira Azul desde o inicio do programa en 1987, sen ningunha interrupción, 38 anos consecutivos: A praia de Bastiagueiro, en Oleiros.
Que precisa unha praia para ser apta deste recoñecemento? Os criterios para obter Bandeira Azul revísanse e consensúanse anualmente a nivel internacional e divídense en catro grandes bloques: información e educación ambiental; calidade da auga; xestión ambiental e seguridade e servizos. Tendo isto en conta, a que praia lle outorgarías a Bandeira Azul se non a ten?
CALES SON AS PRAIAS GALEGAS CON BANDEIRA AZUL?
A última listaxe publicada pola Adeac deste maio de 2024 presenta o mesmo número de areais galegos ca o do 2023 sitúa ás provincias de A Coruña e Pontevedra no top 4 de España en número de Bandeiras Azuis. Nesta orde estarían Alicante (71 praias), Pontevedra (60), Málaga (39) e A Coruña (38). Pode darse o caso de que algunhas perdan o galardón e outras o gañen.
Na provincia de Pontevedra contan con Bandeira Azul as seguintes praias: Area Grande, O Muíño (A Guarda); Area da Secada, Bao (Illa de Arousa); Barbeira, Concheira, Frades, Ladeira, Ribeira, Santa Marta (Baiona); Area de Bon, Banda do Río, Lagos, Lapamán, Portomaior (Bueu); Areabrava, Areamilla, Liméns, Menduíña, Nerga, Rodeira (Cangas); Aguete, Loira, Mogor, Portocelo, Santo do Mar-A Coviña (Marín); O Con (Moaña); Cabeceira, Xorto (Poio); praia fluvial A Calzada (Ponte Caldelas); A Lapa, Agra, Areas, Areas Gordas, Baltar, Bascuas, Canelas, Caneliñas, O Espiñeiro-A Lanzada, Foxos, Major, Montalvo, Nosa Señora da Lanzada, Panadeira, Paxariñas, Pragueira, Silgar (Sanxenxo); A Punta, A Fontaíña, Argazada,Canido, Carril, Fontaíña, Fortiñón, O Adro, O Vao, Samil, Santa Baia, Tombo do Gato (Vigo); Rodas (Illas Cíes) e Campanario, Compostela (Vilagarcía de Arousa).
No caso da Coruña: As Lapas, Orzán-Matadero, Oza, Riazor, San Amaro (A Coruña); Caión (A Laracha); Lombiña-Cambío (A Pobra do Caramiñal): A Hucha, A Salsa, Barrañán, Combouzas, O Reiro, Sabón, Valcobo, Porto de Suevos (Arteixo); Lago das Pontes (As Pontes); Gandarío (Bergondo); Arou (Camariñas); Pedra do Sal, Razo, Saíñas (Carballo); O Ézaro (Dumbría); A Fragata-O Pareixal, Caranza, Doniños, Esmelle, San Xurxo (Ferrol); Laxe (Laxe); Perbes-Andahío (Miño); Bastiagueiro, Espiñeiro, Mera, Naval, Santa Cristina (Oleiros); A Ermida, Balarés, O Osmo (Ponteceso); e Coroso (Ribeira).
A provincia de Lugo conta con 16 praias recoñecidas: Fontela Valea, Coto (Barreiros); A Marosa, O Portelo (Burela); O Torno (Cervo); A Rapadoira, Areoura, As Polas, Llas, Peizás (Foz): Abrela, Xilloi (O Vicedo); As Catedrais, Os Castros-Illas (RIbadeo); Area (Viveiro); e Esteiro (Xove).
A EVOLUCIÓN: NOVAS PRAIAS E PRAIAS QUE PERDERON O DISTINTIVO
Como esta listaxe se actualiza anualmente presenta praias que saen da listaxe e outras que entran. Con respecto ao 2023, na Coruña entrou na Pobra do Caramiñal, a praia Lombiña-Cambío. Tamén Pontevedra incorporou novos areais, o caso da praia Xorto en Poio e A Fontaíña en Vigo. Porén, Lugo perde dúas praias, A Pasada (Barreiros) e Ril (Burela). Así, no 2021 figuraban dúas praias que non saen nesta última e que, polo tanto, perderon o distintivo: a praia Acantilado-Remior en Barreiros e a praia de Melide en Cangas. Entraba na lista como novidade Lago das Pontes. No 2022, mantivéronse as anteriores e entraron Porto de Suevos, Banda do Río, Fontela Valea, Paxariñas e Santa Baia. E xa neste ano pasado, completaron a listaxe de 115 expoñentes galegos os areais: A Caranza, A Lanzada e O Adro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.