A Xunta activa 51 dereitos mineiros caducados na procura de novas explotacións de minerais raros

Alfonso Rueda destaca que se trata de buscar aqueles recursos que "poden ser rendibles", sobre todo, de minerais raros.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/01/2025 | Actualizada ás 14:31

Comparte esta noticia

Cobre, wolframino, tántalo, litio ou coltán. A Xunta quere converter Galicia nun novo paraíso para as empresas mineiras especializada en minerais raros, tan cotizados, agora, no mundo. A súa intención é activar aqueles dereitos mineiros caducados e non explotados. En total, 51 deles por todo o territorio galego.

Mapa da mina de San Fins, en Lousame
Mapa da mina de San Fins, en Lousame | Fonte: Adega

Un anuncio que podería avivar en Galicia un novo "El Dorado" para as empresas de minaría. Actualmente, son 200 os dereitos minieiros caducalos. A Xunta sacará a concurso 51 deles para que as mineiras interesadas puxen por eles para a súa explotación. "Se son rendibles poderán entón solicitar a explotación dese dereito mineiro", indicou o presidente galego.

Se hai varias solicitudes sobre un mesmo dereito mineiro, a Xunta aplicará a nova lei aprobada sobre a explotación dos recursos naturais que recolle que o 40% do baremo terá que ver co cumprimento de criterios sociais, ambientais e económicos no lugar onde se implanten.

200 DEREITOS CADUCADOS

A Xunta anunciara xa a realización dun estudo, dentro do Plan do desenvolvemento dos dereitos mineiros de Galicia, no que se detectaron 200 casos de dereitos mineiros caducados. Galicia é líder na produción de varios minerais e conta co único xacemento coñecido en Europa de coltán, chamado ouro negro polo seu uso na produción de aparellos tecnolóxicos. É o de Penouta, en Viana do Bolo, que se atopa paralizado por orde xudicial debido aos riscos para o medio ambiente.

Mina de coltán de Penouta, en Viana do Bolo
Mina de coltán de Penouta, en Viana do Bolo | Fonte: Rosa Veiga - Arquivo

Este anuncio chega tras varios reveses para o Goberno galego, que lle retirou o permiso de vertedura á polémica mina de San Fins e afronta decisións xudiciais como a do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de anular o plan ambiental da de Casalonga ou de suspender preventivamente a actividade na de Penouta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta