Protesta ante a Xunta para denunciar "a grave situación" da automoción nunha Galicia "sen plan industrial para o sector"

A CIG mobilizarase en Santiago este mércores, 15 de xaneiro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2025 | Actualizada ás 15:01

Comparte esta noticia

A CIG mobilizarase en Santiago este mércores, 15 de xaneiro, para denunciar "a grave situación" que atravesa o sector da automoción galega. A protesta sairá ás 11.00 horas da Praza de Galicia e irá ata o edificio administrativo da Xunta, en Santiago. Denuncia que, tras a folga xeral do pasado 28 de novembro, o Goberno galego "segue sen ter un plan industiral para o sector de automoción", tan só "presenta un director, que o único que recolle son subvencións e achegue de diñeiro público ás empresas a cambio de nada".

E é que censura que estas axudas da Xunta non contan con ningunha esixencia ás compañías: "Nin mantemento dos cadros de persoal; nin frear a deslocalización; nin manter e recuperar as condicións laborais; nin a busca de proxectos e novas empresas que se asenten no país". "Actualmente, o sector atópase nunha grave crise, con perda de carga de traballo, axustando os persoais, sen renovar ao persoal eventual e cunha nova onda de ERTE abusivos", quéixanse da CIG sobre o que consideran unha "reconversión" do sector.

Persoas observando e probando vehículos
Persoas observando e probando vehículos | Fonte: STELLANTIS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta