Pontón sobre Venezuela: "Sempre respectarei as decisións que toman outros estados e as que toma a súa cidadanía"

Chaman "ditador" a Nicolás Maduro nunha pintanda no Consulado de Venezuela en Vigo. A Asociación Galego-Bolivariana Hugo Chávez (AGABO) atribuíu este acto vandálico á "extrema dereita".

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 13/01/2025 | Actualizada ás 10:23

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reivindicou que ela sempre respectará "as decisións que toman outros estados e as que toma a súa cidadanía", en relación ao ocorrido nos últimos días en Venezuela. Así o sinalou este luns en rolda de prensa tras ser preguntada sobre a situación que vive o país suramericano e se considera a Nicolás Maduro como un ditador.

Ante isto, Pontón saíu ao paso asegurando que a posición do Bloque respecto diso é "clara", engadindo: "En Venezuela, quen ten que elixir os seus gobernos é a poboación de Venezuela. Nin o Goberno de Estados Unidos, nin nós, nin a UE, nin ningún outro país", indicou. A pesar de recoñecer que existen "tensións xeopolíticas moi importantes", subliñou que ela sempre respectará "as decisións que toman outros estados e as decisións que toma a súa cidadanía".

Pintada no Consulado de Venezuela en Vigo.. ASOCIACIÓN GALEGO-BOLIVARIANA HUGO CHÁVEZ
Pintada no Consulado de Venezuela en Vigo.. ASOCIACIÓN GALEGO-BOLIVARIANA HUGO CHÁVEZ | Fonte: Europa Press

PINTADA COA MENSAXE "DITADOR" NO CONSUADO DE VIGO

As instalacións do Consulado de Venezuela en Vigo amenceron este domingo cunha pintada coa mensaxe "ditador" e a Asociación Galego-Bolivariana Hugo Chávez (AGABO) atribuíu este acto vandálico á "extrema dereita". Nun comunicado, a asociación citou a fontes consulares para denunciar que, ademais da pintada, producíronse danos na fechadura de entrada da sede, situada na céntrica rúa Velázquez Moreno, e golpes nun vidro.

AGABO subliñou que esta "agresión", producida na madrugada do sábado ao domingo, coincidiu co ataque perpetrado contra a sede consultar de Venezuela en Lisboa, e vinculouno con "accións de odio e violencia de grupos de extrema dereita, liderados por quen nega os resultados electorais do pasado 28 de xullo de 2024". Finalmente, lembrou que o Goberno español ten a "responsabilidade" de garantir a seguridade nos edificios consulares, e instou á Delegación do Goberno en Galicia a "cumprir coa normativa internacional".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta