O 12 de abril de 2002, María Cristina Iglesias, Ministra de Traballo do Goberno de Hugo Chávez, acodía temerosa á Embaixada de España en Venezuela. Suplicaba ao Embaixador Español, Manuel Viturro de la Torre, protección para ela e/ou para a súa familia, diante do golpe de estado promovido pola oposición venezolana, baixo o paraugas protector dos EEUU.