Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 14/01/2025 | Actualizada ás 18:59
Un home galego de 65 anos foi atopado morto nun hotel da cidade de Panamá, segundo informan medios locais. O diario de noticias Crítica explica que o corpo foi achado con signos de violencia por persoal do propio hotel situado na rúa Aquilino de la Guardia. Agora investíganse as causas da morte. Segundo datos do Rexistro mercantil, este home, C.S.R., tivo nos últimos tempos diferentes empresas na provincia de Pontevedra, como unha compañía de iluminación no municipio de Nigrán.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.