Cambios na presidencia de Renfe en na Secretaría Xeral de Mobilidade

Álvaro Fernández de Heredia novo presidente de Renfe. Sara Hernández do Olmo ocupará a Secretaría Xeral de Mobilidade.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 14/01/2025 | Actualizada ás 11:09

Comparte esta noticia

O ministro de Transportes e Mobilidade Sustentable, Óscar Puente, nomeou a Álvaro Fernández de Heredia como novo presidente de Renfe en substitución de Raül Branco, que ocupou este cargo durante os últimos dous anos.

O nomeamento aprobouse na reunión do Consello de Ministros deste martes, segundo confirmaron fontes do Ministerio a Europa Press e asegurou o propio Fernández de Heredia nas súas redes sociais. Fernández Heredia, enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos e doutor en Infraestruturas dos Transportes pola Universidade Politécnica de Madrid (UPM), conta con 20 anos de experiencia profesional no sector da mobilidade e o transporte e desenvolveu a súa actividade en consultoría, investigación e docencia universitaria, con cargos de xestión a distintos niveis.

NOVA SECRETARIA XERAL DE MOBILIDADE

O Consello de Ministros tamén aprobou o nomeamento de Sara Hernández do Olmo como nova secretaria xeral de Mobilidade Sustentable para substituír a Fernández de Heredia. É enxeñeira de Camiños, Canles e Portos e Doutora en Transportes pola Universidade Politécnica de Madrid. Con máis de 15 anos de experiencia, adquiriu coñecemento en planificación estratéxica territorial e consultoría de negocio dentro do sector de transporte, loxística e mobilidade.

Álvaro Fernández de Heredia, novo presidente de Renfe
Álvaro Fernández de Heredia, novo presidente de Renfe | Fonte: Ministerio de Transportes

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta