Cando os bolseiros son utilizados como traballadores: o caso da Fundación Rof Codina

Un xulgado de Lugo recoñece a relación laboral de 41 bolseiros e obriga a esta fundación a recoñer a súa relación laboral e pagarlles máis de medio millón de euros en concepto de salarios.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 14/01/2025 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Máis de medio millón de euros e 41 novos traballadores. Iso é o resultado provocado por unha inspección de traballo que acabou no xulgado. A afectada, a Fundación Rof Codina de Lugo que, agora, deberá recoñecer a laboralidade, con categoría A do persoal laboral da Xunta, a máxima estipulada, destes bolseiros ademais de pagarlles máis de medio millón de euro polas cotizacións atrasadas. 

Rueda nunha visita ao hospital Rof Codina
Rueda nunha visita ao hospital Rof Codina | Fonte: USC

Estes bolseiros, agora considerados persoal laboral da entidade, estiveron contratados entre abril de 2019 e xaneiro do ano 2022. Con todo, a sentenza, á que tivo acceso Galicia Confidencial e Lugo Xornal, non obriga a contratar como empregados a estes xa exbecarios, pero si recoñece que a Fundación Rof Codina ten que pagarlles o que lle correspondería en función dos salarios e da categoría que terían durante o tempo que estiveron traballando na entidade.

Durante o xuízo estes bolseiros, a maior parte deles veterinarios, coincidiron en que "expedían receitas e atendían animais sen presenza de titor ou responsable algún". Ademais, os profesionais incorporábanse ao persoal e non actuaban como bolseiros, aínda que se contrataban baixo esa figura. Con todo funcionaban como un traballador máis e como reflectiron en varias entrevistas, expedían receitas e atendían pacientes sen presenza dun titor ou responsable algún. 

 

CATRO MODALIDADES DE BOLSEIROS

 

Hospital da Fundación Rof Codina
Hospital da Fundación Rof Codina | Fonte: USC

Estes 41 profesionais chegaron á fundación a través dalgunha das catro modalidades de bolsas que oferta esta fundación. Entre elas, as bolsas internado: dirixidas a mozos licenciados en veterinaria co obxectivo de que adquiran unha base sólida de coñecementos teóricos e prácticos en clínica veterinaria a través da súa estancia no hospital durante un ano. Tamén estaban as bolsas FP, dirixidas a mozos que finalizasen o módulo de formación profesional de ciclo formativo de grao superior da familia de sanidade. O seu obxectivo, di a

Fundación, é adquirir unha base sólida de coñecementos teóricos e prácticos da actividade dun hospital veterinario universitario. 

 

Outra modalidade eran as bolsas de apoio asistencial, dirixidas a mozos licenciados en veterinaria con experiencia en clínica veterinaria hospitalaria e as bolsas SAC (Servizo de Atención Continuada),  dirixidas a mozos licenciados en veterinaria con experiencia en clínica

veterinaria hospitalaria. E a pesar de que en todas elas se recollía a necesidade de que un titor supervisara o seu traballo, en moi poucas ocasións sucedía isto. 

 

Desta maneira, segundo recolle a sentenza incumpríase a lei, pois a finalidade ao conceder estas bolsas é axudar a prestar esta formación e non beneficiarse da actividade do bolseiro. O ditame xudicial é categórico e chega a soster que o hospital Rof Codina "carece de estrutura de empregados propia, é unha aparencia, tendo en conta que o seu persoal case na súa totalidade está formada por bolseiros, que son os que efectivamente prestan o servizo".

FROITO DUNHA INSPECCIÓN

O fallo é froito dun expediente aberto pola Inspección de Traballo e Seguridade Social, que no seu día xa provocou que a fundación suprimise a figura dos bolseiros no hospital Rof Codina e implantou, no seu lugar, un sistema de contratos de formación.

O fallo é, en todo caso, de gran contundencia e dá por acreditado que, aínda que incorporados baixo un contrato como bolseiros, os 41 profesionais afectados "prestaban os seus servizos de forma efectiva con todos os trazos característicos dunha relación laboral por conta allea e de forma autónoma, existindo unha ausencia total de convenios formativos ou itinerarios personalizados".

 

A Seguridade Social cifrou esa contía  por encima do medio millón de euros ao entender que a eses 41 profesionais correspóndelles un nivel laboral equiparable ao do grupo A do persoal laboral da Xunta, un criterio que a Fundación Rof Codina non comparte e contra o que, avanzou, si está decidida a recorrer.

Esta fundación mantén que o equipo do hospital está formado por 51 profesionais, 39 se se exclúe aos veterinarios internos residentes (VIR). Ademais de oito persoas na área de administración e servizos, hai trece facultativos, doce profesores vinculados, doce VIR e seis persoas en limpeza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta