Fai cousa de dous meses e medio abriu a tenda 'online' PinkPeas, con todo tipo de produtos de alimentación, suplementación, xoguetes e hixiene animal. Teñen comida para cans, gatos, coellos, cobaias, chinchillas, aves e ata tartarugas. Hoxe, dende o GC falamos con Carla Aparicio, a súa directora e fundadora da primeira clínica veterinaria vegana en España: LidaVet.
  comenta   1
O animal foi arrastrado varios metros nos baixos do vehículo, que a continuación se incorpora novamente á vía e abandona o lugar. Como consecuencia do atropelo, o animal sufriu múltiples fracturas e contusións, sendo trasladado a clínica veterinaria para a súa curación e tratamento.
A súa familia é a propietaria de gandaría Quintián, no concello lucense do Páramo, e dende ben nova, esta paramesa de 23 anos se interesou pola gandaría e os concursos, algo que quere vincular á futura profesión que está estudando: veterinaria.
  comenta   0
Descobre como manter ás túas mascotas frescas e seguras durante os días máis calorosos do ano, coa axuda dos veterinarios María Álvarez, Francisco Fernández e a clínica Hospican.
  comenta   0
A notificación deste foco, ao afectar exclusivamente a aves silvestres, non implica cambios no status sanitario de Galicia en relación á influenza aviaria, nin supón ningunha restrición ou medida adicional con respecto ao comercio de aves vivas ou produtos avícolas derivados con orixe en Galicia.
O Colexio de Veterinarios de Lugo advertiu de "risco vital" para mascotas e outros animais, como cabalos, tras a entrada en vigor este mes do Decreto 30/2024: "A un can que entre en parada cardíaca non podemos fornecerlle adrenalina sen que previamente llo pidamos á farmacia e, á súa vez, esta o solicite ao seu distribuidor".
José Manuel Cea e María Soledad Cea, xunto coas súas fillas, levan toda a vida vivindo do gando nunha zona que será arrasada polo macrocelusosa de Altri. Confían en que isto non se sexa unha realidade "xa que é un despropósito" e alzan a voz xunto ao resto de veciños da zona.
  comenta   10
Dende a asociación CanCoruña, a que conseguiu o primeiro parque canino da cidade aló polo ano 2004, aseguran que "aínda quedan cousas por facer", aínda que, afortunadamente, vanse dando pasiños, tamén no que respecta á "concienciación da cidadanía" sobre o que implica ter un can e a responsabilidade de coidalo.
  comenta   0
Alfredo López, biólogo do CEMMA, advirte de que "os cifios viven moi lonxe de costa e aliméntanse a grande profundidade, entre 1.000 e 3.000 metros, e consideran que todo o que hai neses fondos é para comer, non discriminan se son plásticos ou non".
  comenta   0
O decano da facultade de Veterinaria da USC atribúe a súa chegada en só un ano ao cambio climático e expón colaborar con África para "adiantarse".
  comenta   0
Segundo a Garda Civil, a muller presuntamente non prestou asistencia veterinaria a un can que estivo varios días cunha pata traseira fracturada.
A única vía de contaxio nos animais é a través da picadura dos mosquitos transmisores, polo que non é posible a transmisión directa ou indirecta entre eles. Esta doenza non afecta as persoas, nin pola picadura do mosquito transmisor, nin por contacto con animais infectados, nin polo consumo de produtos de orixe animal.
O hospital veterinario universitario Rof Codina xunto con Pet-Select ofrecen aos propietarios de gatos con problemas de obesidade unha revisión completa e gratuíta do seu estado de saúde. Ademais, recibirán como agasallo unha dieta húmida e hipocalórica específica para a súa mascota por un período de tres meses.
  comenta   0
As organizacións agrarias confrontan a Consellería de Medio Rural acusándoa de telas abandonadas fronte a proliferación da lingua azul en Galicia. De momento o sur de Lugo, as provincias de Ourense e Pontevedra son os lugares onde se estaría aplicando a vacina contra a doenza. Grupos de produtores apuntan á Xunta como responsable dunhas campañas de vacinación nefastas que lles están facendo perder poder adquisitivo.
  comenta   0
Futbolistas e policías ou profesoras e veterinarias, as profesións favoritas dos nenos e nenas. A metade non sabe o que son as eleccións e queren ter como xefes ideais a personaxes do mundo do deporte ou da moda.
  comenta   0
Investigadores do Campus Terra da USC investigarán os seus efectos e o emprego de subprodutos como cuncha de mexillón ou cinzas para controlar a contaminación
  comenta   0
Carece de órgano vomeronasal, localizado no nariz, condiciona moitos dos seus comportamentos, de acordo cun artigo publicado na revista 'VetRecord' pola veterinaria Susana Muñiz de Miguel.
  comenta   0
O animal ingresou nunha clínica veterinaria da localidade "en estado de shock e cunha situación de desnutrición severa, hipotermia, deshidratación, cos belfos do fuciño inflamados e sen responder practicamente a estímulos". Morreu ao día seguinte.
A funeraria lucense Serfuja ultima a publicación dun manual de prevención de suicidios que tn previsto saír en outubro.
A veterinaria e un dos efectivos do Seprona tiveron que recibir asistencia médica por mor das picaduras das pulgas.
  comenta   0
A entidade denunciou que recibiu polo menos 17 queixas de profesionais porque diversas farmacias da provincia de Pontevedra denegaban a subministración de determinados medicamentos hospitalarios para uso veterinario ao alegar recibir instrucións da Consellería de Sanidade nese sentido.
  comenta   0
Trátase do salmón atlántico. É a conclusión á que chega un estudo desenvolvido na Universidade de Santiago de Compostela.
  comenta   0