Detectado o segundo foco de gripe aviaria en Galicia este ano: unha gaivota no Grove

Mantéñense medidas de prevención sanitaria en sete municipios na provincia de Pontevedra.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 28/06/2024 | Actualizada ás 19:23

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou o segundo foco de gripe aviaria este ano: unha gaivota patiamarilla ('Larus michahellis') atopada morta no municipio pontevedrés do Grove. A Xunta comunicou ao Ministerio de Agricultura este caso, un resultado confirmado polo Laboratorio Central de Veterinaria de Algete (Madrid).

Segundo informa a Consellería do Medio Rural nun comunicado, esta ave foi trasladada ao centro de recuperación da Consellería de Medio Ambiente na provincia de Pontevedra para a súa eliminación. Así mesmo, mantéñense medidas de prevención sanitaria en sete municipios na provincia de Pontevedra, en zona de especial risco: Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Ribadumia, Sanxenxo e Vilanova de Arousa.

A mediados deste mes de xuño, o Goberno galego informaba do primeiro caso detectado este ano --tras varios positivos detectados o ano anterior--, un exemplar de gaivotas en Oleiros.

Unha gaivota pousada nun muro
Unha gaivota pousada nun muro | Fonte: IEO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta