Un estudo apunta a "domesticación" da planta medicinal árnica saca mellores rendementos que as poboación naturais

Nalgúns lugares está en perigo de desapareición.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2024 | Actualizada ás 18:14

Comparte esta noticia

O Campus Terra da USC avanza no estudo xenómico da árnica, unha plantamedicinal amplamente utilizada en farmacia e cosmética, para determinar as súas dinámicas reprodutivas e garantir a súa supervivencia.

Tal e como explican desde a USC, a extracción continuada para abastecer os mercados levou a "unha diminución constante de moitas das súas poboacións, ata o punto de que nalgúns países a especie desapareceu ou se atopa moi comprometida a súa supervivencia". No caso galego e grazas á investigación que se desenvolve no Campus de Lugo, está a realizarse un estudo xenómico que permita inferir as dinámicas reprodutivas na especie e preservar a súa supervivencia.

Os estudos previos realizados desde 2017, grazas ao financiamento da Deputación Provincial de Lugo, permitiron identificar unha variabilidade xenética importante entre as distintas poboacións analizadas en Galicia, coa presenza de diferentes grupos poboacionais, de tal maneira que parece existir unha relación directa entre a tipoloxía bioquímica e a variabilidade xenética atopada nas distintas poboacións de árnica analizadas.

Así, para evitar a perda de poboacións naturais de árnica, no ano 2018 puxéronse en marcha parcelas de cultivo na localidade lucense de Cospeito. "Os traballos realizados puxeron de manifesto que a planta se pode domesticar con éxito ofrecendo mesmo rendementos produtivos moi superiores aos que se atopan nas poboacións naturais", explica o responsable dos estudos xenéticos e profesor da Facultade de Veterinaria da USC, Manuel Beira Rodríguez.

POBOACIÓNS GALEGAS

Os estudos se extencieron entón a todo o normte peninsular para coñecer a distribución dos distintos grupos. Por este motivo, na anualidade de 2021 analizáronse diferentes poboacións procedentes de Asturias, Castela-León, País Vasco e Cataluña. Os resultados indicaron que as poboacións situadas na costa cantábrica estarían máis relacionadas coas poboacións galegas de quimiotipo ibérico, mentres que as poboacións de Castela-León e Cataluña estarían máis relacionadas coas poboacións da Serra do Courel que presentan o quimiotipo Europeo.

"Estes resultados subliñaron a importancia das poboacións galegas para o mantemento do grupo ibérico, xa que é na nosa comunidade onde se conservan as mellores poboacións de árnica", subliña o profesor Beira, investigador do grupo ACUIGEN.

A árnica montana
A árnica montana | Fonte: Wikipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta