O achado, xa descuberto en 2015, leva o nome do monte onde foi atopado, o Ermelo, en Pontevedra.
  comenta   0
"A maior parte da Historia da Terra estivo dominada polas bacterias, que non se extinguiron aínda que aparecesen seres moito máis avanzados que elas como animais ou o ser humano, e o ser humano desaparecerá e elas seguirán estando aí, polo tanto, se imos buscando vida fóra da Terra, o máis sinxelo é que atopemos seres microscópicos, semellantes ás bacterias", reflexiona a investigadora do CSIC.
  comenta   0
Planetas que orbitan ao redor de estrelas máis frías que o sol, planetas xigantes e gasosos, planetas que recibisen materiais a partir de exocometas... Tal e como recoñece Isabel Rebollido Vázquez, astrofísica da Axencia Europea do Espazo, "polo de agora os que se están estudando non teñen boa pinta".
  comenta   0
"Soltoumo así e aí foi cando caín na conta de que ía ter un verdadeiro problema para atopar traballo", confesa Esther, que asegura que mesmo cando dende unha empresa de Ourense lle deron a oportunidade, "non podía crelo" e, antes de viaxar, "insistíalles en que era muller", coma se lle quedase ese trauma da primeira entrevista. Galicia Confidencial continúa contando historias de mulleres valentes que deron o paso saltando os estereotipos sociais e os roles de xénero.
  comenta   1
A delegación do Colexio oficial de Xeólogos (ICOG) en Galicia presentou un compendio de 23 medidas dirixidas aos partidos políticos galegos para un desenvolvemento sustentable na comunidade a través da xeoloxía.
  comenta   0
Vou poñer en contexto o que esta a pasar en As Pontes, a miña vila, para tratar de atopar unha explicación a toda esta fenomenoloxía agachada tras do eufemismo da "transición xusta" que non é mais que un engano do capitalismo, que necesita dunha mutación da industrialización nos países máis desenrolados para seguir perpetuando a súa dominación sistémica.
  comenta   0
"Supón hipotecar o futuro da montaña ourensá a tres décadas vista xa que o proxecto ten unha vixencia de 30 anos, ampliables a 75 anos, co que iso implica para o desenvolvemento do rural e a España baleirada", defenden dende a empresa, asegurando que por cada emprego da mina xéranse outros tres indirectos.
  comenta   0
O TSXG suspendeu de forma inmediata e incondicionada a resolución da Xunta que aprobou o proxecto de explotación e o plan de restauración da concesión dunha sección da mina da Penouta, a única mina de coltán de toda Europa.
  comenta   0
Lembrou que é un proxecto "estratéxico" xa que a escaseza de produción primaria de estaño, tantalio e niobio en Europa permite situar a Galicia no mapa internacional, xa que actualmente esta mina é a única mina en produción de tantalio e niobio de Europa, metais clave para as novas economías verdes e dixitais.
  comenta   0
500 participantes de 20 países déronse cida nesas terras latinoamericanas nun encontro sobre termalismo que durou tres días e rematou este 6 de outubro. O ministro de Turismo deste país, Tabaré Vise, explicaba durante a recepción realizada en Termas de Guaviyú, en Paysandú, que “estamos entusiasmados por ter a oportunidade de mostrar ao Mundo o marabilloso Destino Termas uruguaio”.
  comenta   0
A deputada socialista Noa Díaz sinalou que, dado que non se pode eliminar o impacto das explotacións mineiras, deberá minimizarse, algo que debería facerse coa avaliación ambiental "que se incumpre cada día do ano".
  comenta   0
Asegura que puxo en marcha un Plan de Restauración Integral das Augas da Antiga Mina de Touro cun financiamento de dous millóns de euros para evitar que a auga entre en contacto cos minerais acumulados.
  comenta   0
Foi ante alcaldes de vilas termais de toda España que coincidiron días atrás no XVI Encontro Nacional no municipio ourensán de Arnoia onde tivo lugar a Asemblea de Entidades Locais con Augas Minerais e Termais.
  comenta   0
Demanda colaboración "para recuperar o ecosistema da ría, a súa capacidade produtiva e a saúde das persoas"
  comenta   0
Ocupa o primeiro lugar do ranking cunha produción media de máis de 1,4 millóns de toneladas, o 17,9% do que se fabrica en España"
  comenta   0
Os representantes da minaría galega alertan das dificultades que están a atravesar "moitos centros produtivos debido ao aumento do prezo dos carburantes".
  comenta   0
Bate en 2022 a súa marca de exportacións a falta dos datos do último mes. Aínda que o ritmo de crecemento é inferior que a media española.
  comenta   0
O presidente da Deputación de Lugo, José Tomei Roca, e o presidente da Asociación para a Promoción Territorial Montañas do Courel, Roberto Castro González, asinaron un convenio de colaboración para impulsar este territorio cunha achega de 25.000 euros.
Despois dun parón de 3 anos volve a Expourense co seu formato completo os días 29 e 30 de setembro. Na cita haberá 140 expositores e 70 poñentes de 25 países.
  comenta   0