Case unha decena de proxectos galegos cun investimento de 260 millóns piden apoios do Perte de Descarbonización

A liña uno recibe 144 proxectos por valor de 3.000 millóns en toda España

Por E.P. | Compostela | 23/04/2024 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

A primeira liña de actuación do Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (Perte) de Descarbonización Industrial destinado á transición verde da industria recibiu 144 proxectos en España --nove deles en Galicia-- por valor de 3.000 millóns de euros de investimento total, segundo informou este martes o Ministerio de Industria e Turismo.

Segundo informan fontes do Goberno central a Europa Press, os proxectos presentados en Galicia foron nove, cun investimento global de 260 millóns de euros. En detalle, os proxectos son: catro do sector metalúrxico, dous do motor, un da madeira, un de química e un de produtos minerais non metálicos.

En España, solicitáronse préstamos por valor de 118,2 millóns de euros e subvencións por valor de 1.000 millóns de euros.

O ministro de Industria e Turismo, Jordi Hereu
O ministro de Industria e Turismo, Jordi Hereu | Fonte: Fernando Sánchez - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta