Os aranceis de Trump poñen en perigo a marca de exportacións de Galicia en 2024

As exportacións galegas creceron un 3,3% o pasado ano, grazas, sobre todo, á industria da automoción.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2025 | Actualizada ás 12:06

Comparte esta noticia

Galicia volveu bater marca de exportacións en 2024, tras superar por primeira vez os 30.000 millóns en 2023, incrementando un 3,3% as vendas ao exterior, ata 31.019 millóns de euros. Así se desprende dos datos publicados este luns polo Instituto Galego de Estatística (IGE), recollidos por Europa Press, que sitúan o incremento das exportacións galegas moi por encima do rexistrado a nivel estatal, xa que no total de España creceron un 0,2%, con 384.464 millóns. Unha situación que pode mudar, e moito, tras os aranceis anunciados por Trump ao secto do aluminio e da industria do automóbil de Europa.

Os produtos que máis influíron no comportamento positivo das exportacións en Galicia foron os 'Vehículos automóbiles, tractores', así como os 'Produtos non clasificados' e as 'Pezas de vestir, de punto'. As influencias máis negativas corresponden ás 'Manufacturas de fundición, ferro/aceiro'. Só en decembro, as exportacións galegas subiron un 5,6%, con máis de 2.502 millóns de euros, grazas tamén ás pezas de vestir, a aparellos eléctricos ou a outros produtos químicos.

IMPORTACIÓNS

Pola súa banda, en 2024 as importacións galegas mantivéronse estables nos 20.909.805, permitindo a Galicia ter un saldo positivo de máis de 10.110 millóns de euros. Así, os aparellos e materiais eléctricos e os automóbiles foron os produtos con maior contribución negativa ás importacións galegas no conxunto do ano pasado, mentres que os combustibles e os aceites minerais foron os que influíron máis positivamente. En decembro, as importacións subiron un 3%, con 1.753 millóns.

A nivel estatal, as importacións aumentaron un 0,1% en 2024, ata 424.740 millóns. O saldo do total de España é negativo de -40.275 millóns.

Centos de coches agadan a ser embarcados no Porto de Vigo para a exportación
Centos de coches agadan a ser embarcados no Porto de Vigo para a exportación | Fonte: AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta