Os minerais raros para aparellos tecnolóxicos, a nova batalla do ecoloxismo contra proxectos mineiros invasivos

Amigas da Terra e Ecoloxistas en Acción alertan sobre os riscos dos proxectos mineiros “estratéxicos” e advirten dun novo "boom mineiro" na procura de materiais para fins tecnolóxicos con leis amparadass pola UE.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 04/12/2024 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

Amigas da Terra e Ecoloxistas en Acción puxeron sobre a mesa da Comisión Europea e o Goberno español un informe sobre os riscos dos denominados “proxectos estratéxicos europeos” cos que se pretende acelerar a tramitación de novos proxectos mineiros. No documento, publicado xunto con outras entidades europeas (Amigos da Terra Europa, Oficina Ambiental Europea, MiningWatch Portugal e Observatorio Ibérico da Minería), as organizacións alertan de que "a implementación da Lei Europea de Materias Primas Críticas, de forma opaca e sen ter en conta ás poboacións potencialmente afectadas", aumenta a probabilidade de accidentes e agravará os impactos ambientais e sociais inherentes á actividade extractiva.

A moza Rosa, coñecida como Ghoulbabyghoul na app Tik Tok, grávase co seu teléfono móbil na gran vía madrileña
A moza Rosa, coñecida como Ghoulbabyghoul na app Tik Tok, grávase co seu teléfono móbil na gran vía madrileña | Fonte: Eduardo Parra

Aínda que a Comisión Europea anunciou o pasado mes de agosto que se presentaron un total de 170 proxectos, tanto a Comisión como o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, que debe dar o seu visto e prace aos proxectos en España,  impediron ás

entidades sociais e plataformas locais coñecer a lista de proxectos candidatos, negando o dereito á participación pública neste proceso.

Dado que estas solicitudes conteñen información ambiental relevante, a actitude das Administracións públicas supón unha vulneración do Convenio de Aarhus sobre información, participación e xustiza ambiental, do que España é parte.

"BOOM MINEIRO"

“Promover un boom mineiro en prol da transición ecolóxica parece unha contradición en si mesma, sobre todo cando toneladas destes minerais críticos desperdícianse nos móbiles, portátiles e outras tecnoloxías que acaban en entulleiras ou incineradoras porque non hai

Acción de Sos Serra da Arga en contra da mina de litio nesta serra
Acción de Sos Serra da Arga en contra da mina de litio nesta serra | Fonte: SOS Serra da Arga

un esforzo real por reutilizar nin reciclar as tecnoloxías en uso”, declarou Joám Evans, portavoz de Ecoloxistas en Acción.

 

Por iso, Amigas da Terra e Ecoloxistas en Acción demandan ao Goberno que faga pública a lista de candidaturas mentres aínda sexa posible que as comunidades afectadas e entidades ecoloxistas poidan ofrecer información sobre os impactos actuais e probables dos proxectos de modo a tomar unha decisión informada. Tamén solicitan á nova ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico que informe negativamente aqueles proxectos nocivos e ilustrativos de malas prácticas sociais e ambientais.

MINA DE LITIO EN DOADE

A pesar de descoñecer que proxectos optan na actualidade a esta designación, algunhas candidaturas en España si se fixeron públicas. Entre elas, a do proxecto de mina de litio de Doade, en Galicia, que foi obxecto dun dos casos de estudo en profundidade presentados onte en Bruxelas ante o Consello Europeo de Materias Primas Fundamentais, antes

da súa deliberación sobre os distintos candidatos.

Para Amigas da Terra e Ecoloxistas en Acción o proxecto é un exemplo de malas prácticas ao tramitarse no seu día prescindindo da avaliación de impacto ambiental, e dado o despregamento de estratexias de enxeñería social para dividir e enfrontar ás comunidades locais afectadas. Outro proxecto que tamén optou á condición de “estratéxico” é a mina de litio de Cáceres, situada a apenas un quilómetro do centro urbano da cidade.

“A opacidade do Goberno é máis preocupante en tanto que as poucas candidaturas que se coñeceron, nos casos en que as propias empresas fixérono público, son proxectos que están a causar forte oposición social debido aos seus impactos”, afirmou Adriana Espinosa, responsable de Recursos Naturais e Residuos de Amigas da Terra. A Comisión publicará a lista de seleccionados na primavera de 2025. Os proxectos que consigan o status de “estratéxico” obterán un tratamento prioritario, beneficiándose dunha tramitación acelerada de permisos e outras vantaxes administrativas e económicas.

IMPACTO DOS PROXECTOS

Para Amigas da Terra e Ecoloxistas en Acción, os estudos de caso que se publicaron, xunto a outros que se están elaborando, ilustran os problemas estruturais que ten a minería a nivel global. Os gobernos da UE e España aseguran que a minería en Europa está suxeita aos

estándares ambientais e sociais máis estritos. Con todo, as organizacións sosteñen que esta afirmación carece de fundamento e entra en contradición coas decenas de conflitos asociados a proxectos mineiros no Estado español que documentou o Observatorio Ibérico da Minería, do que son parte. 

A lexislación de minas en España, do mesmo xeito que outras en Europa, está obsoleta. O Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico comprometeuse a actualizar a Lei de Minas aprobada en 1973. Esta lexislación permite prácticas que están prohibidas noutras partes do mundo. Por exemplo: China prohibe construír balsas de residuos mineiros a menos dun quilómetro de núcleos poboacionais. 

MINA DE TOURO

Mentres, o proxecto para a reapertura da mina de Touro (en Galicia) comprende unha presa de 81 metros de altitude apenas 200 metros augas arriba da poboación de Arinteiro. Outro exemplo: o método augas arriba está prohibido en países como Brasil, Chile e Ecuador debido ao seu perigo, pero en España o 99 % das balsas de residuos mineiros seguen esta técnica.

Segundo as organizacións, a Lei Europea de Materias Primas Críticas agravará estes impactos e riscos. A tramitación acelerada de permisos para os proxectos estratéxicos impide a participación efectiva das poboacións potencialmente afectadas e dificulta a realización adecuada de avaliacións de impacto ambiental para identificar os riscos asociados a estes proxectos.

A mina de Penouta é a  única mina de coltán en toda Europa. Estaba a ser explotada pola empresa Strategics Minerals Spain
A mina de Penouta é a única mina de coltán en toda Europa. Estaba a ser explotada pola empresa Strategics Minerals Spain | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta