Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/10/2024 | Actualizada ás 12:18
O Instituto Xeolóxico e Mineiro de España (IGME-CSIC) participou na descrición dunha nova especie mineral que era descoñecida até agora no planeta: a ermeloíta. Trátase dun fosfato de aluminio que foi descuberto no monte Ermelo, entre Bueu e Moaña, e que pasou a engrosar a listaxe de 40 minerais descubertos en España ao longo da historia. No mundo, existen hoxe algo máis de 5.000 especies minerais aprobadas pola Asociación Internacional de Mineraloxía (IMA, polas súas siglas en inglés), como o foi este.
O achado da ermeloíta tivo lugar en 2015 por un grupo de persoas apaixonadas á mineraloxía, que colaboran coa USC, quen recolleron unha mostra no monte galego. As primeiras análises da mostra que recolleron foi efectuado por investigadores da Universidade de Santiago de Compostela, quen lideraron a descrición, aínda que os estudos definitivos foron realizados coa colaboración doutros investigadores entre os que se atopan o xeólogo Ramón Jiménez Martínez, do departamento de Recursos Xeolóxicos para a Transición Ecolóxica do IGME-CSIC, e José González do Tánago, do Departamento de Mineraloxía e Petrología, Facultade de Ciencias Xeolóxicas, Universidade Complutense.
"É un achado moi relevante porque son minerais pouco comúns. Neste caso, grazas á colaboración entre diferentes grupos científicos, comprobouse que o fosfato non tiña dúas moléculas de auga, como outros rexistrados, así que tiña que ser algo novo, como se publicou e recoñecido finalmente. De momento, o seu interese é científico porque hai moi pouca cantidade", explica Jiménez Martínez. No entanto, apunta que unha vez feita a súa "radiografía" pode ser que se identifique noutros lugares.
OS ÚLTIMOS ACHADOS EN GALICIA
O achado, que foi publicado recentemente na revista científica 'Mineralogical Magazine', suma un máis aos 1.200 minerais que se sabe que existen en España, un país de gran diversidade xeolóxica e mineralógica. Antes que a ermeloíta, entre os últimos descubrimentos realizados destaca o da colomeraíta, un mineral extraterrestre que se deu a coñecer en 2020 e que se atopou nun meteorito caído en Colomera (Selecta). Fora atopado en 1912 enterrado. Tamén cabe mencionar a alcantarillaita e a fehrita, como outros dous minerais descubertos en España nos últimos anos. En Galicia, até agora, a IMA só recoñecera o descubrimento de tres minerais: morenosita e zaratita, de Cabo Ortegal, e cervantita, no municipio de Cervantes (Lugo), todos descritos no século XIX.
O exemplar tipo da ermeloíta consérvase no Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela e no Museo Geominero custódiase a mostra de ensaio utilizada para o seu caracterización química cuantitativa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.