O BNG pide ao Goberno central prohibir as verteduras da mina de San Finx

Demanda colaboración "para recuperar o ecosistema da ría, a súa capacidade produtiva e a saúde das persoas"

Por Europa Press / Redacción | Galicia | 06/03/2023 | Actualizada ás 19:04

Comparte esta noticia

O deputado do BNG en Congreso, Néstor Rego, rexistrou este luns iniciativas na cámara baixa sobre a autorización de verteduras da mina de San Finx (Lousame) na Ría de Muros e Noia, co obxectivo de que o Goberno central actúe para prohibir estas verteduras.

Segundo trasladou o BNG nun comunicado, Rego demandou ao Executivo de Sánchez colaboración coa Xunta para "lograr unha adecuada calidade das augas para recuperar o ecosistema da ría, a súa capacidade produtiva e a saúde das persoas".

Rego advertiu que "é evidente" que a autorización de verter minerais pesados e residuos industriais á Ría de Muros e Noia "afectará gravemente o ecosistema, a súa capacidade produtiva e a saúde das persoas, a través da cadea alimenticia e do baño nas súas augas".

Deste xeito, explicou que a autorización emitida por Augas de Galicia á empresa Tungsten San Finx S.L. "permitirá a vertedura de máis de 600.000 metros cúbicos ao ano de augas residuais industriais acumuladas nas galerías da mina".

Así mesmo, referiuse á mobilización que tivo lugar este sábado en sinal de protesta contra as verteduras, xa que "evidencia que, tanto os sectores afectados por esta autorización como a cidadanía no seu conxunto, non queren que se produza esta actividade polo risco que supón".

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta