Advirten de que "corre o risco de sufrir unha falta catastrófica con consecuencias difíciles de predicir para a ría de Muros e Noia e o estuario do Tambre, zona da Rede Natura 2000, que está a tan só sete quilómetros augas abaixo das instalacións", con vertidos duns 50.000 litros por hora.
  comenta   0
Instan á Xunta a continuar a tramitación do expediente de caducidade das concesións e a requirir a restauración ambiental.
  comenta   0
Detecta niveis de metais superiores ao límite permitido na auga. Ecoloxistas en Acción alertan do risco de abandono e fuga da empresa, "en mans de homes de palla peruanos", e esixen unha caución de 10 millóns de euros
  comenta   0
Seis activistas prestaron declaración tras unha denuncia pola protesta neste organismo. Fixérono negando "coaccións" e reprochando ao organismo unha "actitude negacionista".
  comenta   0
Acaba de abrir un procedemento "polo uso de fondos europeos para pagar ao director desta mina durante o proxecto Horizonte 2020".
  comenta   0
Despois de que o Xulgado de Noia arquivase a denuncia de Tungsten San Fix, a investigación da ONU ampliouse a unha nova acción penal á Cámara oficial de Mineiros de Galicia, que lles atribuíu a Ecoloxistas en Acción un delito de coacción.
  comenta   0
A Xunta multa á mineira con 180.000 euros. Ecoloxistas e activistas piden o pagamento do canon do control de verteduras.
  comenta   0
Lembran que a empresa mineira está obrigada a pagar 30 millóns de euros anuais como canon de control de vertidos, pero a Xunta aínda non reclamou esta cantidade.
  comenta   0
Apunta a unha acumulación nas larvas de lamprea dalgúns metais que "supera centos de veces os máximos que impón a Unión Europea", ademais de "niveis de cadmio que son 500 % máis elevados" nos brións que nos ríos galegos non contaminados.
  comenta   0
Díxoo en resposta á deputada do BNG Rosana Pérez, quen lle pediu explicacións polas verteduras da empresa ás augas, que afectan á ría de Muros e Noia, despois de que se coñecesen os resultados feitos en agosto e que superaron ata en 70 veces os niveis de cadmio permitidos.
  comenta   0
Aseguran que "os estándares da industria mineira no Estado español demostraron non estar nin sequera á altura da lexislación existente en países como China, Chile, Brasil, Ecuador ou Perú".
  comenta   0
A eurodeputada Ana Miranda alerta de que o Goberno galego autorizou en febreiro deste ano a descarga de catro millóns de metros cúbicos de augas residuais e efectos contaminantes.
  comenta   0
A eurodeputada do BNG apunta que están "a incumprirse" directivas europeas, como son o directiva marco de auga pola contaminación que provoca nos ríos próximos á mina e á ría.
  comenta   0
Ecoloxistas en Acción denuncia que Tungsten San Finx interpuxo unha denuncia falsa "nunha campaña de acoso xudicial", tras a acción dos ecoloxistas que denuncian vertidos ilegais.
  comenta   0
A deputada do BNG Rosana Pérez presentou no Parlamento unha batería de iniciativas sobre estas verteduras, "tras constatar a propia Administración altos niveis de contaminación augas baixo das balsas mineiras".
  comenta   0
O eurodeputado galego do Partido Socialista, Nicolás González Casares, traslada a súa preocupación pola situación ambiental na mina ao "exceder os límites permitidos de cadmio, cobre e zinc" nas súas verteduras.
  comenta   0
Ecoloxistas en Acción manifesta a súa total repulsa ás falsidades difundidas pola Cámara Oficial Mineira de Galicia en relación ás verteduras de residuos mineiros.
  comenta   0
Di que lle retirará a autorización se non axusta as verteduras nun mes. As organizacións da Plataforma comarcal contra as verteduras da mina mostráronse "indignadas" ante o anuncio, posto que levan sete anos solicitando medidas sancionadoras que non se implementaron.
  comenta   0
A Plataforma comarcal en contra das verteduras da mina de San Finx esixe á Xunta que inicie os "correspondentes expedientes sancionadores por verteduras ilegais e retire á empresa mineira a autorización de verteduras concedida ilegalmente no pasado mes de febreiro, por vulneración do condicionado".
  comenta   0
A conselleira de Economía afeou ao BNG que leva ás pleno "mentiras" sobre "funcionarios públicos", aos que "falta ao respecto" coas acusacións vertidas desde o hemiciclo, algo que dixo que "non é xustificable".
  comenta   0
A confraría de Noia asegura que el e dous funcionarios asinaron informes "con falsidades" sobre as presas e a contaminación
  comenta   0
Na provincia da Coruña hai outras dúas bandeiras negras coas que os ecoloxistas denuncian "o deixamento da Xunta cos graves problemas ambientais que carrexa a minaría en Galicia".
  comenta   0
O TSXG acordou a tramitación do incidente polo trámite ordinario "máis garantista, despois de que permite a intervención de todas as partes, facendo alegacións e achegando a proba que consideren precisa".
  comenta   0
Recolle as denuncias e mobilizacións realizadas por distintos colectivos e organizacións, entre as que destacan as do sector pesqueiro e marisqueiro e o ambientalista.
  comenta   0
A denuncia presentada incorporaba analíticas coas que se busca demostrar a presenza no río de metais pesados "procedentes de verteduras ilegais realizados pola mineira".
  comenta   0
Os patróns maiores de Noia e de Portosín, Santiago Cruz e Isaac Gaciño, xunto ao portavoz da plataforma local, Rogelio Santos, leron o manifesto no que apuntaron directamente ao Goberno galego e ao Partido Popular.
  comenta   0
A ONU resolve o venres sobre unha nova queixa contra o Estado pola mina de San Finx. Ecoloxistas piden abordar co ministerio os proxectos eólicos no Cantábrico.
  comenta   0
O representante no Convenio de Aarhus é o Estado español, pero as denuncias teñen que ver con competencias da Xunta relativas ao medio ambiente.
  comenta   0