Augas de Galicia e os conselleiros de Infraestruturas e Medio Rural, Premios Atila por atentados medioambientais

Ecoloxistas en Acción outorga estes premios "aos maiores culpables de atentados ambientais en Galiza".

Por Galicia Confidencial | Vigo | 05/06/2023 | Actualizada ás 11:54

Comparte esta noticia

Co gallo da celebración do Día Mundial de Medio Ambiente, Ecoloxistas en Acción outorga os seus premios Atila e Cabalo de Atila ás condutas máis destacadas do ano pola súa contribución á destrución do medio ambiente.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, no pleno do Parlamento de Galicia
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, no pleno do Parlamento de Galicia | Fonte: XUNTA

O primeiro premio, Premio Atila 2023, é para Teresa Gutiérrez, directora de Augas de Galicia, e Ethel Vázquez, Conselleira de Infraestructuras e Mobilidade, por autorizar o baleirado da mina de San Finx. Unha drenaxe áceda que afectará de morte o ecosistema da ría de Noia e pondrá en perigo a economía tradicional da comarca baseada no marisqueo e a pesca artesanal.

O segundo premio, Premio Cabalo de Atila, levouno Jose Vázquez, Conselleiro de Medio Rural, por relacionar as figuras de protección ambiental, como Rede Natura 2000, coa orixe das vagas de lumes. Unhas declaracións coas que pretendeu agochar a súa incompetencia na prevención e contención dos lumes que arrasaron o ano pasado o macizo central ourensá. Actuación neglixente pola que estivo investigado pola fiscalía de Ourense.

Este ano o accésit especial, carteira de Atila, otórgase a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. "Será para a conselleira Ángeles Vázquez polo seu desleixo coas demandas dos veciños e veciñas de Loxo e ignorar a petición que lle fixeron por activa e por pasiva de instalar unha estación de medición da calidade do aire para saber qué tipo de gases e con que frecuencia e intensidade están respirando", indican os ecoloxistas nun comunicado. 

O segundo accésit, a Coz do Cabalo de Atila, a Abel Caballero, alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias. "Os datos recollidos nos nosos informes sobre calidade do aire e contaminación acústica sinalan altos niveles de contaminación con risco para a saúde humana", apuntan ao tempo que critican a este concello "por practicar o negacionismo, incumprindo a Lei de Cambio Climático, mantendo un dos peores servizos de transporte público do Estado e construíndo costosas infraestructuras de transporte que incrementan o tráfico".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta