Arquivan unha denuncia contra Ecoloxistas en Acción en relación cunha protesta en San Finx

A propia empresa recoñeceu a preguntas da xuíza que durante a protesta non se produciu ningún tipo de dano material.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/10/2023 | Actualizada ás 18:37

Comparte esta noticia

Ecoloxistas en Acción informa de que os xulgados de Noia han arquivada unha denuncia da empresa da mina de San Finx contra esta entidade en relación cunha protesta realizada o pasado 5 de xullo.

Nun comunicado, os ecoloxistas explican que a xuíza instrutora acordou nun auto sobreseer esta causa e o arquivo das actuacións ao non apreciar existencia de feito delituoso.

Ecoloxistas en Acción sostén que "se trataba dunha denuncia falsa e infudada con afán intimidatorio", pois con ela a mineira "pretendía silenciar as protestas como parte dunha campaña de acoso xudicial".

Asegura que a propia empresa recoñeceu a preguntas da xuíza que durante a protesta non se produciu ningún tipo de dano material. Por iso, non cabía reclamar ningunha indemnización, expón.

Concentración de Ecoloxistas en Acción. ECOLOXISTAS EN ACCIÓN
Concentración de Ecoloxistas en Acción. ECOLOXISTAS EN ACCIÓN | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta