Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2024 | Actualizada ás 11:31
O presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino, sinalou que o "único culpable" da subida do canon que a empresa pública propón para 2025 é do Goberno central polas súas "decisións unilaterais".
Así o fixo en declaracións á Radio Galega recollidas por Europa Press, onde criticou que o Executivo que dirixe Pedro Sánchez "non reacciona ás súas peticións nin rectifica" as medidas aplicadas o pasado ano, que foron as que "lesionaron gravemente" as contas da empresa pública.
Por tanto, "ven na obrigación" de realizar unha nova actualización do canon para "garantir a viabilidade da empresa pública". Preguntado sobre as reaccións tras o anuncio da subida, Domínguez Liño mostrouse "bastante sorprendido" por escoitar varias "declaracións abruptas" dos alcaldes do PSOE e do BNG.
"Foron eles quen aprobaron a lei de residuos e chans contaminados, que establece os novos impostos estatais á vertedura de incineración que nos afectan en 39 euros o custo de incremento do canon de Sogama", detallou. Por tanto, continuou, "equivócanse" á hora de buscar un culpable. "Non é nin a Xunta, nin Sogama, senón o Goberno central coas súas decisións unilaterais", afirmou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.