Despregadas barreiras anticontaminación polo afundimento dun barco de batea no porto da Pobra do Caramiñal

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 05/01/2025 | Actualizada ás 17:19

Comparte esta noticia

Gardacostas de Galicia activou o Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental de Galicia (Camgal), en fase de alerta, pola aparición dunha mancha de hidrocarburo na costa da Pobra do Caramiñal, á altura da Ribeiriña.

Segundo informou o 112 Galicia, foi sobre as 17.00 horas deste sábado cando un particular deu a voz de alarma sobre un posible vertido de gasóleo desde unha nave abandonada ata o mar.Ante isto, a central de emerxencias avisou a Salvamento Marítimo, a Gardacostas de Galicia, os Bombeiros de Ribeira e á Policía Local.

Pola súa banda, a Consellería do Mar explicou que tras as comprobacións realizadas por axentes ambientais no punto, descubriron que se trata dunha vertedura con orixe nos tubos dunhas instalacións en estado de abandono.

Aínda que non observaron a presenza de residuos na auga, os axentes despregados na zona permanecerán pendentes da evolución da vertedura e tratan de localizar aos propietarios da nave para que solucionen a vertedura.

Helicóptero Pesca I / Arquivo / Europa Press
Helicóptero Pesca I / Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta