Investigan un mozo como responsable dun accidente de tráfico do que fuxiu en Salceda de Caselas

Os dous ocupantes dun deles resultaron gravemente feridos e quedaron atrapados no interior do vehículo, mentres que o condutor do segundo coche e presunto responsable do accidente abandonaba o lugar sen prestar o debido auxilio aos feridos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/04/2025 | Actualizada ás 14:56

Comparte esta noticia

A Garda Civil investiga a un condutor como suposto responsable dun accidente producido o pasado mes de febreiro na localidade de Salceda de Caselas.

Segundo explican nun comunicado, os feitos producíronse á primeira hora da mañá do día 28 de febreiro, á altura do punto quilométrico 5 da vía PO-510, no termo municipal de Salceda de Caselas.

Alí chocaron frontalmente dous vehículos. Os dous ocupantes dun deles resultaron gravemente feridos e quedaron atrapados no interior do vehículo, mentres que o condutor do segundo coche e presunto responsable do accidente abandonaba o lugar sen prestar o debido auxilio aos feridos.

A investigación iniciada polo Equipo de Investigación de Sinistros da Garda Civil do Porriño deu como resultado a localización do suposto responsable do accidente, que resultou ser un veciño do Porriño de 24 anos que conducía a furgoneta que se deu á fuga. O investigado recoñeceu os feitos ante a Garda Civil.

Finalizadas as dilixencias, foron entregadas no Xulgado de Instrución número Tres do Porriño.

O investigado enfróntase a unha posible pena de prisión de seis meses a catro anos de cárcere, privación do permiso de condución, ademais da responsabilidade civil polo accidente e as lesións producidas.

Axentes da Garda Civil de Tráfico
Axentes da Garda Civil de Tráfico | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta