Prestige, 22 anos despois: "Eu nunca pensei que isto ía chegar a costa e logo saen os pámpanos a dicir o dos hilillos"

Ecoloxistas en Acción presenta o vídeo "Alegría" con testemuñas sobre a catástrofe do Prestige.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/11/2024 | Actualizada ás 10:47

Comparte esta noticia

22 anos despois os efectos da vertedura do Prestige aínda están presentes na Costa da Morte, podéndose observar aínda a primeira ollada. Aínda queda chapapote baixo a area. Éoutra proba máis de como, cando se produce un gran desastre ecolóxico, os seus efectos perduran durante anos ou mesmo décadas. "Por iso, é necesario que se adopten por parte das autoridades todas as medidas necesarias para evitar que se volvan a producir este tipo de accidentes", indican desde Ecoloxistas en Acción.

Un barco pesqueiro de cerco retirando restos do fuel do Prestige. Álvaro Ballesteros - Arquivo
Un barco pesqueiro de cerco retirando restos do fuel do Prestige. Álvaro Ballesteros - Arquivo | Fonte: Europa Press

Esta entidade ecoloxista lembra que o 70 % do transporte marítimo europeo pasa fronte a Galicia, uns 40.000 barcos ao ano, e aproximadamente un de cada tres (38 ao día) transporta mercadorías perigosas, ademais do seu combustible. Canda ano hai sustos importantes, o último en 2023, co accidente do quimiquero Blue Star na Ría de Ares.

Para lembrar o acontecido en Galicia hai 22 anos, Ecoloxistas en Acción presentou o documental "Alegría" para incidir en que hai que mellorar a coordinación de medios operativos permanentes e unidades de vixilancia marítima, así como o aumento da cantidade e calidade das inspeccións dos buques que atracan no litoral de Galicia.

"Sobre todo, lembrar a onda de solidariedade, a marea branca que suplindo a carencia de medios coa forza da ilusión foi quen de enfrontarse a gran mancha negra mentres o Goberno, ausente, seguía negando a súa existencia. Por iso o título deste documental é Alegría!, o berro de guerra contra o chapapote que os voluntarios e voluntarias entoaban cando o cansazo facía efecto neles. Unha exclamación popular que devolveu a dignidade ao pobo galego", conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta