Teléfono 060 da Garda Civil para citas previas de Intervención de Armas e Explosivos

Este cambio permitirá unificar e simplificar o proceso, mellorando a atención aos cidadáns

Por E.P. | A CORUÑA | 22/11/2024 | Actualizada ás 12:44

Comparte esta noticia

A Garda Civil implanta o teléfono 060 para pedir citas previas relacionadas con trámites de Intervención de Armas e Explosivos, un sistema que será o único habilitado para estes trámites a partir do 25 de novembro, no caso da Comandancia da Coruña, e a partir do 26 de novembro no caso das Comandancias de Lugo, Ourense e Pontevedra.

Este cambio permitirá unificar e simplificar o proceso, mellorando a atención aos cidadáns. Así, os interesados deben chamar a este número e dicir que trámite desexan facer (renovación de licenza de armas, revisión de armas, presentación de documentación, etc.).

A continuación, debe aclarar se desexa solicitar, consultar ou anular unha cita; logo facilitar o seu DNI e, no seguinte paso, achegar o seu código postal. Se o servizo está dispoñible na provincia, o sistema continuará cos pasos seguintes, en caso contrario redirixiráselle á web de internet na que poderá pedir cita ( https://ssweb.seap.minhap.es/icpplus/citar?org=GC ).

Tras facilitar o código postal, o solicitante deberá elixir o servizo de Intervención de Armas e Explosivas no que quere a cita e logo seleccionar o día e a hora, facilitar un teléfono de contacto e o seu ano de nacemento. Nese momento facilítaselle o indentificador da cita e poderá recibir, se o pide, un SMS de confirmación.

A Garda Civil implanta o teléfono 060 para citas previas de Intervención de Armas e Explosivos. GARDA CIVIL
A Garda Civil implanta o teléfono 060 para citas previas de Intervención de Armas e Explosivos. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta