Por E.P. | VIGO | 22/11/2024 | Actualizada ás 11:59
A "meteoroloxía adversa" rexistrada en Galicia nas últimas xornadas obrigaron a desviar ata tres voos que tiñan como destino distintos aeroportos da Comunidade nas últimas horas.
En concreto, na tarde deste xoves, dous voos que se dirixían a Vigo aterraron finalmente en Santiago de Compostela. Segundo informan fontes de AENA consultadas por Europa Press, un deles procedía de Madrid e outro de Tenerife.
Tamén un voo que partiu da capital española ata A Coruña tivo que regresar a Madrid debido ao temporal que sufría Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.