O PP pide ao Goberno e á oposición que "deixen de facer excursións á praia"

Sánchez considera que hai "falta total de honestidade porque mentiron".

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 15/01/2024 | Actualizada ás 11:20

Comparte esta noticia

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, pediu ao Goberno central e á oposición que "deixen de sementar incertezas e alarmas innecesarias" en relación á chegada de pélets ás cousas galegas; e tamén instou aos seus rivais políticos --citou a PSdeG e BNG-- a que "deixen de facer excursións á praia".

"Vai sendo hora de que os responsables do BNG e do PSdeG deixen de facer excursións ás praias e deixen traballar con tranquilidade aos máis de 300 efectivos que diariamente están a vixiar e limpando os nosos areais, ademais dos helicópteros, das embarcacións", manifestou, nunha rolda de prensa en Santiago.

Prado cargou contra a actitude do Goberno e advertiu que, "por se non fosen suficientes as declaracións do ministro Óscar Puente insultando ao presidente Alfonso Rueda e a todo o operativo, hoxe mesmo o presidente Pedro Sánchez despachouse a gusto acusando á Xunta de mentir e de falta de transparencia".

"Si, Pedro Sánchez falando de falta de honestidade e transparencia", ironizou, antes de engadir que é "xusto o que faltou" ao Goberno de Sánchez desde que o pasado mes de decembro "soubo que o mercante 'Toconao' perdera seis colectores" fronte ás costas portuguesas. Ademais, prado advertiu que a Xunta "descoñece os medios" que está a usar o Goberno central e volveu a afear a súa "falta de colaboración.

SÁNCHEZ SOBRE O PP: "FALTA DE HONESTIDADE"

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, en declaracións aos medios.. PPDEG
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, en declaracións aos medios.. PPDEG

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, afirmou este luns que "a crise dos pélets non a provocou o Goberno de España" e que os dirixentes do Partido Popular (PP) "mentiron durante o inicio" da mesma.

Así se expresou Pedro Sánchez nunha entrevista en RNE, recollida por Europa Press, preguntado sobre as acusacións do presidente galego, Alfonso Rueda, que o acusa de non axudar na crise dos pélets por razóns políticas, ante a proximidade da campaña electoral en Galicia. Neste sentido, o líder o Executivo manifestou que "o que fixo foi sempre reivindicar a cooperación leal coa Xunta de Galicia neste caso" e "pór todos os medios" ao seu alcance para "extirpar esta crise e acabar con ela de maneira efectiva".

"Eu o que vexo, en todo caso, é que o Partido Popular e onde goberna sempre utiliza as mesmas pancas, as mesmas formas de resolver esta crise: unha falta total de honestidade, porque mentiron no que representou o inicio desta crise, e tamén de transparencia. Por tanto, eu creo que a honestidade e a transparencia deben formar parte do acervo para resolver crise como poida ser a crise dos pélets", argumentou.

Finalmente, Pedro Sánchez engadiu que "os galegos e galegas teñen que ser conscientes" de que o Goberno puxo "todos os recursos necesarios" e tendeu " a man á Xunta de Galicia para, desde a cooperación leal, poder resolver esta crise".

FEIJÓO

Pola súa banda, o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, acusou ao Goberno de "non facer nada" na crise dos pélets en Galicia, á vez que denunciou que o Executivo de Pedro Sánchez "tardou un mes de neglixencia" desde que tivo coñecemento do desprendemento de colectores na costa portuguesa ata que llo comunicou á Xunta.

Nun almorzo informativo de Nueva Economía Fórum, Feijóo expresou a súa "alarma" por que o Goberno "estea a crear un problema sen facer nada previamente", insistindo en que o Executivo de Sánchez non comunicou á Xunta a chegada destes pélets nun mes. "Un mes de neglixencia", recalcou o líder do PP, que cuestionou aos líderes do PSOE e o BNG "se se cren que os galegos son parvos": "Vostedes crense que os galegos non sabemos distinguir entre a responsabilidade dunha administración e doutra administración?".

AVIÓNS

Neste sentido, o avión AS 102 Rosalía de Castro de Salvamento Marítimo realizará este luns labores de avistamento de sacos de pélets no mar entre a zona de Cabo Silleiro e Ortegal.  Segundo informou a Delegación do Goberno, segundo o protocolo establecido na reunión do Camgal, a saída do avión realizarase preferiblemente pola mañá, aínda que sen hora concreta debido ás previsións meteorolóxicas.

Así, actuarase preferentemente na área entre Cabo Silleiro e Ortegal, aínda que o percorrido optimizarase segundo as condicións meteorolóxicas. O operativo deste domingo, no que o helicóptero Helimer HS401 de Salvamento Marítimo buscou pola zona de Valdoviño, terminou sen resultados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta