Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/01/2024 | Actualizada ás 19:53
O subdirector xeral de Gardacostas de Galicia, Liño Sexto, informou este mércores de que a alerta pola vertedura de pélets de principios de decembro baixa ao nivel 1 ao "descender notablemente" a súa incidencia.
Os técnicos do Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental de Galicia (Plan Camgal) reuníronse esta tarde para abordar a situación da vertedura, analizando os últimos parámetros obtidos.
En base a iso, explicou Sexto, pode confirmarse que a incidencia sobre a chegada de pélets "descendeu notablemente, non chegando aos cocientes mínimas recomendadas por organimos internacionais para a súa recollida".
Segundo explicou, nas observacións continuas que se están realizando periodicamente nas praias de Galicia, "as densidades son moito menores de 250 pélets por metro cadrado", o método utilizado, apuntou, en Nova Zelandia, e dos 3.000 pélets por operario e día, sistema utilizado en Sudáfrica, e tamén menos dos 500 mililitros de pélets por operario e día de Noruega.
Sinalou ademais que a decisión de baixar o nivel de alerta será notificada á Delegación do Goberno en Galicia, xa que o nivel subiuse "a petición súa". "E salvo que manifeste unha oposición, será efectiva esta mesma semana", indicou. Con todo, avanza que no caso de que volvan existir criterios para subir o nivel, "así se fará".
En canto ás limpezas que aínda se estaban levando a cabo nas praias galegas, remarcou que "o importante é non causar máis prexuízo que beneficio ao ecosistema", para o que deben ser "proporcionais" á "situación real" das costas.
Por iso, os técnicos propoñen unha "desescalada progresiva" dos medios de limpeza e vixilancia", aínda que sinala que se manterá a vixilancia constante "para reaccionar coa máxima rapidez se a situación cambiase".
A vertedura de pélets que comenzo a chegar ás praias galegas a mediados de decembro procedía dun colector perdido polo buque 'Toconao' o 8 de decembro, cando caeu ao mar fronte á costa portuguesa de Viana do Castelo.
Tras varias peticións por parte do Goberno central para subir a alerta ao nivel 2, requisito para que a administración central facilitase medios de procura, a Xunta acabou elevando a alerta o pasado 9 de xaneiro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.